Está claro que o burro foi unha figura importante nos
textos literarios clásicos e modernos, así aparece na Biblia como animal
de caravana e de traballo, como símbolo de riqueza e de protección
divina en moitos casos, e por suposto tamén utilizado por Xesús na súa
entrada en Xerusalén.
Lorenzetti e o autor do grabado.
..."Ide á aldea que está do outro lado
onde atoparedes unha burrica atada e con ela a cría; saltádeos e
traédemos, se vos dixesen algo, respondede: O Señor precísaos,
deixaránvolos nese mesmo intre". San Mateo engade que esto
sucedeu así para que se cumprise o dito polo profeta Zacarías.
Xesús proseguiu: "Decídelle á filla de Sión: Velaquí que o teu
rei ven a ti, manso e montado sobre un asno e sobre un fillo de
burrica". Foron os discípolos e trouxéronos ambos os dous,
póndelles por riba os mantos sobre os que montou Xesús"....
Xn. 12,1219; Mat. 21, 1-11.
.
Tamén nas fábulas de
Esopo,
Iriarte e Samaniego
onde o burro fai de todo.
.
Na literatura moderna o burro fai de todo e por
suposto aparece en obras inmortais como D. Quijote de la Mancha, onde
"O Rucio", o asno de Sancho, aparece citado moitas veces.
Grabado sacado do blog de Manuel García
Palacios, nel vese a D. Quixote e a Sancho Panza montado nun burro, seguramente fariñeiro.
..."Deu logo don Quixote onde
buscar diñeiros, e vendendo unha cousa e empeñando outra e
malbaratándoas todas, achegou unha razoable cantidade.
Acomodouse así mesmo dunha rodela, que pedíu prestada a un
seu amigo,, e, aparellando a súa rota celada o mellor que
puido, avisou o seu escudero Sancho do día e a hora que
pensaba poñerse en camiño, para que el se acomodase do que
vise que máis era mester. Sobre todo, encargoulle que
levase alforxas, e dixo que si levaría, e que así mesmo
pensaba levar un asno que tiña moi bo, porque el non estaba
afeito a andar moito a pé. No do asno reparou un pouco don
Quixote, imaxinando se lle acordaba se algún cabaleiro
andante trouxera escudeiro cabaleiro asnalmente, pero nunca
lle veu ningún a memoria; mais, con todo e isto, determinou
que o levase, con presuposto de acomodalo de máis honrada
caballería en habendo ocasión para iso, quitándolle o cabalo
ao primeiro descortés cabaleiro que topase."...
Miguel de Cervantes. Don Quixote I.
La Voz de Galicia. (Aproveito un dibuxo da Voz de Galicia
para poñer esta historieta.)
D. Quixote e Sancho Panza veñen a ganar
o Xubileo a Galicia. Atópanse cunha sorpresa que D. Quixote
descoñece, pero Sancho Panza pono o día:
No dibuxo as minicentrais do río Limia
en Ponte Linares, a do río Deva en Quintela de Leirado, unha das
tres do río Tuño, a minicentral impresentable do río Deva na
Cañiza e otros xigantes que están deixando os nosos ríos para o
arrastre. Non me extrana que D. Quixote vexa xigantes, realmente
o son. auténticos xigantes para os ríos pequenos.
Esta páxina agradece a Sancho a
precisión.
.
O burro máis famoso da literatura foi Platero,
o protagonista da obra Platero y yo de Juan Ramón Jiménez
( Juan Ramón Jimenez nacéu en Moguer en 1881, morreu en Puerto Rico en maio de
1958. Foi Premio Nóbel de Literatura en 1956) .
Acuarela sensacional, descoñezo o autor.
Nota: do libro PLATERO Y
YO" é moi dificil escoller un texto, xa que todo o libro é
unha auténtica xoia. Recomendo os nenos, que con axuda dos
mestres ou dos pais, lean este sensacional libro. Pola miña
banda decir que aparte da lectura anterior remato de descubrir,
outra vez, esta marabilla...
Aquí quedan tres textos
como mostra, o libro ten 133 máis...
I
PLATERO
" PLATERO es pequeño, peludo
suave, tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que
no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son
duros cual dos escarabajos de cristal negro.
Lo dejo suelto, y se
va al prado, y acaricia tibiamente con su hocico. rozándolas
apenas, las florecillas rosas, celestes, gualdas... Lo
llamo dulcemente: ¿Platero? y viene a mi con un trotecillo
alegre que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo
ideal...
Come cuanto le doy.
Le gustan las naranjas, mandarinas, las uvas moscateles,
todas de ámbar, los higos morados con su cristalina gotita de
miel...
Es tierno y
mimoso igual que un niño, que una niña...; pero fuerte y seco
por dentro, como de piedra. Cuando paso sobre él, los domingos,
por las últimas callejas del pueblo. los hombres del campo,
vestidos de limpio y despaciosos, se quedan mírándolo:
-Tien´ asero...
Tiene acero. Acero y plata de
luna, al mismo tiempo."
LV
ASNOGRAFÍA
" LEO en un diccionario
Asnografía: s.f.: se dice , irónicamente, por descripción del
asno.
¡Pobre asno!
¡Tan bueno, tan noble, tan agudo como eres!
Irónicamente...¿Por qué? ¿Ni una descripción seria mereces, tú,
cuya descripción cierta sería un cuento de primavera? ¡Si
al hombre que es bueno debieran decirle asno! ¡Si al asno
que es malo debieran decirle hombre! Irónicamente...De ti, tan
intelectual , amigo del viejo y del niño, del arroyo y de la
mariposa, del sol y del perro, de la flor y de la luna, paciente
y reflexivo, melancólico y amable, Marco Aurelio de los
prados,,,
Platero, que sin
duda comprende, me mira fijamente con sus ojazos lucientes, de
una blanda dureza, en los que el sol brilla, pequeñito y
chispeante en un breve y convexo firmamento verdinegro.
¡Ay!. ¡Si su peluda cabezota idílica supiera que yo le hago
justicia, que yo soy mejor que esos hombre que escriben
diccionarios, casi tan buenos como él!
Y he puesto
al margen del libro: Asnografía: s.f.: se debe decir, con
ironía,¡claro está! por descripción del hombre imbecil que
escribe Diccionarios.
. Tamén foi famoso na obra
El asno de
oro de L. Apuleyo (Madrid. Gredos.1978).
"Narra as
aventuras dun mercader de Corintio, Lucio, que polas malas artes
da súa enfurecida amante, Fotis, viuse convertido en asno
conservando todas as facultades humanas excepto a voz. Só
volverá a súa forma anterior se come unhas rosas."
O Asno de Ouro, mosaico do Museo Arquolóxico de
Nápoles.
.
O burro aparece reflexado, en moitas
obras, como o símbolo da ignorancia; por exemplo na obra
Sueños de una noche de verano
de
Shakespeare e tamén en numerosas fábulas.
Descoñezo o autor do cartel, feito no IES La
Arboleda. Los Pinos. Alcorcón. Madrid
.
O burro aparece reflexado, en moitas
poesías, pero este ano quero poñer neste apartado unha poesía dun
poeta marabilloso galego. Manuel María
á quen precisamente se lle dedica o Día das Letras Galegas
este ano 2016.
Moitísimos cadros, retablos e filmes mostran o burro dunha ou doutra
forma. Incluso en moitas procesións sempre hai algún paso que nos
lembra o burro. O burro sempre estuvo presente nos cadros dos nosos
grandes pintores como J. Miró, Sorolla, Dalí e outros.
España:
J. Miró (1893-1983). Paisaxe catalán. (o
cazador) 1922-23
J. Sorolla (1863-1923). Tipos manchegos e burro
blanco.
Salvador Dali (1905-1989) . O burro podrido.
-------------
Resto do mundo:
Cadro no que
aparece o pastor, as ovellas e o burro.
Autor
Christian Mali. Alemania. 1832-1906
O que queira profundizar nestos temas vouno remitir o
seguinte libro de Manuel Mandianes,
O Burro,
publicado recentemente:
O libro trata o burro dende distintos puntos de
vista: o burro protagonista nas fábulas, na literatura, etc. O burro
perdido: nas festas, na noite de San Xoán, etc. O reencontro do burro. As
conclusións e amplios anexos, nos que trata sobre refráns (trae unha
chea deles), asociacións en defensa do burro e bibliografía do traballo.
Tamén trae un conxunto de fotografías sobre o
burro nas súas distintas faenas: de traballo, de festa ou lúdico, etc.
A obra está
publicada pola editorial IR INDO no 2006.
O burro foi o símbolo en Egipto do
Deus Ra. Tamén en Grecia do Deus grego Dionisio.
O burro ten moitísimo que ver na nosa cultura de sempre; arredor dos
muíños galegos hai moitas cousas que escribir e moitas cousas que
recordar, todo un rico e variado folclore: muíñadas, contos,
lendas, adiviñas, cantigas. As muiñadas, que así se chamaban
estas xuntanzas, acudían homes e mulleres, sendo os mozos os que máis
participaban. O burro era fundamental para chegar a estos muíños e levar
e traer a carga, neste caso levar o cereal e traer os salvados e a
fariña.
Burro fariñeiro
no Muíño do Medio na ruta dos muíños de Vilameá en
Lobios. Ourense
Convén decir que en
Galicia tódolos burros teñen nome: dende Jaimito, Sinforosa, Ladral,
Quirós, Juanita, Gitana, Luceiro, Pimpolla, Felipe, Cuca, ata un longo etc.
O burro
fariñeiro tamén é usado polo humorista sensacional Xose
Lois "Carrabouxo", neste caso ten razón, como casi
sempre...Na década dos 90 púsoxe de moda o turismo
rural...Por suposto o "Carrabouxo" xa estaba de volta...
.
Noite das trastadas en Loureses.
Conta Manuel Mandianes no
libro citado o que pasaba A noite das trastadas en Loureses, onde
antiguamente se abrían, en plan de coña, na noitevella as portas dos patios das cortes e
dos cortellos, pero o parecer especialmente a corte do burro.
Evidentemente o burro salía e aparecía o día seguinte en calquera lado,
na palleira do veciño ou a comer en calquera leira.
.Noite de Xan Xoán
Tamén na Noite de
San Xoán, en moitos lugares de Galicia se fai a misma trastada
de Loureses, os veciños sacan os animais das cortes para que collan o
orballo da mañá de san Xoán. O lío que armaban o verse os burros fora xa
vos podemos imaxinar.
Dª Emilia Pardo Bazán e o Hotel de A Toxa e as súas augas termais.
. A historia que contou Pardo Bazán.
Esta historia está referida o nacemento
na Toxa e das súas fontes termais; Pardo Bazán atribue a un
borrico o seu descubrimento. Esta es la historia que contó Pardo
Bazán:
"El colón
de este nuevo mundo de salud fue un borrico. Un verdadero
borrico, cuadrúpedo, cubierto de mataduras y de tiña, al que
abandonaron, por no descoyuntarlo, en la isla desierta. Y al
cabo de algunos meses cual sería la sorpresa del dueño al
encontrar, en vez del esqueleto, un burro sano, saltando, con el
pelo tan reluciente que envidiaría la cabalgadura de Sancho
Panza. El animal se había revolcado en las saludables lamas. Sus
heridas desaparecieron"
No aspecto da cultura popular seica a cola de burro
foi utilizada para sanar a tos ferina e as picaduras de escorpión. Casi
nada.
Entre os romanos pensaban que o cruzarse cun
burro traía desgrazas.
Outra crenza popular, situa o burro como un
especialista en metereoloxía, está relacionada coa chuvia sempre
que orneen moito os burros, o dito dice "Si os burros ornean moito,
non sairás enxoito". Tamén si sacude moito as orellas. Si se tirá
non chan e da boltas asegura o bon tempo.
. Ditos e refráns sobre o burro
No libro citado trae tamén unha lista moi interesante
de refráns e ditos sobre os burros.
Algúns refráns galegos que trae son os seguintes:
"A muller bailar e o burro a ornear"
"Home casado, burro escarallado"
"A muller a bailar e o burro a
ornear, o diaño debeullo ensinar"
O burro tamén é unha peza clave en
moitas festas de
Galicia:
Ascarreiras de burrospor exemplo fanse en moitos
lugares, dende fai moito tempo e con distintas modalidades.
Fotografía de Xose Varela Vilariño
¡Un ano destos teño
que ir as carreiras de burros de Escairón!, en Monforte, Lugo,
seica son unha pasada... Seica son "unha burrada de burros"...Celébrase
os días oito de agosto.
Levamo, o autor da
fotografía, chama "O gran national" a Carreira
de Burros de Escairón; realmente é
un nome apropiado...
Este ano a burra
Pimpolla, que seica non ten rival, foi outra vez a gañadora. O
burro Felipe fixo o que poido, pero non houbo maneira...Repito, hai que
ir a Escairón, preto de Monforte de Lemos en Lugo, pola carreira e como
non, a enchenta de polbo que hai a continuación...
Foto de Alberto López.
Ano 2006. Festas de Escairón.
Tamén é famosa en Galicia a tradicional
carreira de burras de San Roque do
Monte, en
San Miguel de Deiro en Vilanova, onde este ano gañou
Juanita que guiada por Juan Mariño foi a gañadora. Seica foi
moi espectacular.
Na fotografía vese
Juanita un pouca máis retrasada, pero logo ganaría a carreira. A
fotografía é de Martina Miser.
Nota sobre
a carreira de burros: a verdade que montar unha carreira de burros non é
nada doado e si non que llo digan a todos os organizadores deste tipo de
carreiras, os problemas son grandísimos e levala a cabo é unha tarea
incrible.
Ver si non
un video dunha destas carreiras:
Concretamente a carreira de burros de El Poyo de
Aliste (Zamora), nada menos que en 1991.
Nos
entroidos tamén se utiliza o
burro, unhas veces como enxebrismo, outras como mascarada, etc. O
burro no entroido da moito xogo...
Fotografía de Xose Varela Vilariño
Unha personaxe do entroido de
Laza é precisamente a Morena
que é un home que suxeita por medio dun pau unha cabeza de vaca
feita de madeira, tapado por unha manta. Sae o Luns de carnaval do
Barrio de Cimadevila, cun séquito de formigas, toxos, un burro e
ata unha máquina trilladora...A morena vai dereita a plaza do pobo para
levantar a saia a toda muller que por alí pase...todo un espectáculo...
A Morena en Laza. 1989. Fotografía
de Pili Prol.
O burro
forma parte do séquito do entroido neste caso. Tamén en Laza hai un
lugar no entroido para facer o testamento do
burro, onde en verso se vai criticando o que aconteceu
durante todo o ano...É obligatorio estar presente tódolos veciños, non
lles queda máis remedio.
Así por exemplo dedicado o carteiro do pobo:
O burro heillo de
dar
sen discusión ó carteiro,
que agora déronlle
un pito
para reparti-lo correo
e trae ós veciños tolos
co demo do pitorreo.
Para que nos deixe durmir,
eu xa che teño dito:
chama á xente polo nome
e non lle tóque-lo pito.
Na fotografía de
Pili Prol do ano 1989, vese a xente o día do Testamento do
Burro en Laza.
Nota:
as fotografías de Pili Prol e o
texto coa poesía están sacada do libro "O Carnaval en
Galicia" de Federico Cocho, editado por Xerais en 1990.
O burro forma parte de moitos
entroidos en España, ver si non este video:
Cóntase que fai moitos anos na
cidade de Solsona botaron ao bispo a cebollazos e Deus
castigounos con sete anos de seca. Cando volveu chover a
fortuna fixo que saíse a primeira herba verde no alto do
campanario e para celebralo os notables da cidade
decidiron que aquela herba fóra para o burro do señor
alcalde, referíndose naturalmente ao animal denominado
asno ou burro que era da súa propiedade. Para facer
subir o animal ao campanario instalaron unha polea,
ataron a corda no pescozo do asno e fixérono subir ata a
herba, iso se, mentres ía subindo íase asfixiando, e os
de Solsona decian "mirar como se ri de contento!!".
O burro tamén é
usado polo humorista sensacional Xose Lois "Carrabouxo".
Na década dos 90 estaban de moda os eixos en
Galicia. O Carrabouxo tamén reivindicaba o seu. Está claro no dibuxo,
que esa reivindicación era xusta. Engadir que o
burro que aparece é claramente un burro
fariñeiro.
Quen non se lembra destas cancións, cando
éramos nenos e tocaba cantar nás excursións?:
El
Burro Del Vinagre
Ya se
murió el burro de la tía "Vinagre", ya se lo llevó Dios de esta vida miserable. Que tururururú, que tururururú, que tururururú, que tururururú.
Él era valiente, él era mohíno, él era el alivio de todos los vecinos.
Ya estiró la pata, ya cerró el hocico y con el rabo dijo: "adiós, adiós. Perico".
Todos los vecinos fueron al entierro y la tía María tocaba el cencerro.
--------0--------
A outra canción pasáronma os meus amigos Samuel e
Isabel, que saben moitas destas cancións galegas, e que as veces
cantamos nas nosas festas; na última, a do bautizo de Martín, o
neto do Celsiño de Barbantes un amigo de sempre: