Polo ano 1973-74 lembro con
moito cariño o burro do Tío Antonio e a Tía Mercedes, un
burro dócil, intelixente e moi camiñante. Con ese burro fun un
día a pescar troitas, dende Calvos, pasando pola Serra,
ata Goo no río Mao. Marabilloso recordo do burro e das troitas
dese río que foi en tempos espectacular. Hoxe é unha magoa de
río, cun encoro que soio sirviu para estropear a zona.
O burro, que se chamaba Quirós, non foi a
gusto pola serra, xa que vía que nos separábamos da súa casa, a
casa do Crego, que era a casa dos tíos Antonio e Mercedes. Logo
o chegar a Goo, mentras eu pescaba algunhas troitas,
estuvo atado a un amieiro e pastou a gusto. Por certo ó pasar
polo pobo de Goo o burro era bastante máis coñecido que eu. Pero
non me pareceu mal.
Para volver non fixo falta decirlle moitas cousas,
simplemente "vámonos" e o burro volveu aprisa e sen
perderse dende Goo a Calvos; e dende logo, con moita, moitísima
ledicia.
Condenado do burro que listo era...

Aclaracións sobre o burro do Antonio, o
Quirós.
No ano 2009 publica
a filla do Antonio, Carme Aira, un libro titulado
Primavera de outono, No país de chove, non chove, chove.
Neste libro que tuvo o detalle de regalar a súa prima Pili, a
miña muller, fala, como non podía ser menos, de Quirós.
Aclarar, pola miña banda,
que Quirós era o nome do mismo burro que levei eu ata Goo, o
burro do Antonio e da Mercedes que son os pais de Carme.
Antonio Aira Blanco, o
Antonio, xa morreu fai uns anos, é o protagonista de cada folla
do libro de Carme, a súa filla.

Libro publicado por Carme Aira. 2009.
Esto é o que escribe Carme do burro
Quirós:
" 103. O Burro.
Cando morreu o burro levaba na
casa alomenos trinta anos, naceu canda o fillo do noso
veciño. Era un burro listo, aforraba o corpo e escapaba
moitas veces das fincas pra irse fartar do millo dos veciños.
De novo era valente, como calquera cabalo.
159. O Burro 2.
Eu solo sei montar o burro, no
noso burro. Combáballe o lombo pola Serra Dabaixo ca miña
nai dacabalo. Unha vez, bebeu xuntos dous baldes de leite,
púxose a morte. Toda a tarde estuvemos dándolle bicarbonato,
sudaba tanto como cando viñeron capalo. Aínda no seu sitio:
a albarda, a manta, a cincha, as angarillas, as alforxas e a
cabezada."
|