Ben Feito nos ríos galegos.

A verdade é que non hai moito no que escoller para este apartado e sintoo moito. Un cánsase de escoitar boas ideas, pero despois ves que non se levan a práctica e que son auténticos enganos, política mezclada e outras cousas...; podería citar unha chea deles, pero neste apartado quero poñer ideas que están feitas e que considero que se deben coñecer, para repetilas unha e mil veces:

Porei para empezar catro iniciativas ben feitas, hai algunhas máis pero non moitas:

 

 

 

1.-Proxecto Migra - Miño Minho.

Un plan para o río Miño, Minho en Portugal,  de protección e conservación  de peces migradores no tramo internacional de este río Miño e os seus afluentes.

Está a funcionar dende o 2011 e con resultados a vista.

 

 

2.-Especial río Tins en Outes (A Coruña): primer Río con declaración de dereitos e compromisos en España.

    10 dereitos e  14 compromisos. Unha gran idea, por certo que xa se está levando a cabo noutros paises do mundo.

Ver o libro "¿Están vivos los ríos? de Robert Macfarlane

 

 

 

3.-Unha escada de peixes no río Deva en Arbo.

     Non é a única que hai en Galicia, pero faltan moitas nos ríos galegos. Esta escada está posta nun lugar básico: o río Deva, o que desemboca en Arbo no río Miño rdt´sa no tramo internacional, que son os últimos 75,5 km e nese tramo no hai encoros e teoricamente suber casi todas as especies emblemáticas do Miño, non todas. Esto quere dicir que o Deva pode ter entre outros peixes anguías e outros.

 

 

 

4.-O río Minho ten un sensacional museo e acuario en Vila Nova de Cerveira. ¡Qué menos!.

Sinto vergoña que Galicia (España) non teña nada similar. É certo que remata de abrirse, leva dous anos inaugurado en Fonmiñá, un centro dedicado o río Miño, costou 250.000 € que puso a CHDM e o Concello de a Pastoriza que puso os terrenos... pero non é equivalente e non vou a comparalo xa que non ten nada que ver, o museo-acuario de Vilanova de Cerveira, inaugurado no ano 2005, proxectado no 1991 e que costou 2,5 millóns de euros.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escada de peixes no Deva en Arbo

 

 

 

Pulsar neste video. Feito o día 17/04/2026.

A subida das troitas é todo un espectáculo neste lugar. Teño un video onde se ve perfectamente  o que estou a falar.

Non descarto poñelo neste lugar.

Detalle da escada de peixes do río Deva en Arbo. A verdade é que está perfectamente diseñada, a subida dos peixes é moi doada e a zona non perde o uso que tiña no verán como piscina fluvial. Ten dúas portas para controlar a auga, a central que xa tiña e unha porta a dereita da fotografía para a escada. Penso que o control, no momento de subir as troitas é doado.

 

Volver