Souto.

 

Os soutos son lugares poboados de castiñeiros.

Dende logo os Soutos poden estar pretos dos ríos, inda que no sexan características dos mesmos. ( Hai soutos no río Lor a carón do río.

Tamén se chama Castañal e Castiñeira.

Estas son as posicións dos árbores de ribeira en moitos casos. Pero os soutos as veces están a carón dos ríos:

Así a liña 1ª é a carón do río, neste caso poño como exemplo o río Lor, no Caurel: nesta liña 1 están os  salgueiros, bidueiros e amieiros. (Norma xeral)

Así na   2º liña: os chopos, freixos, etc (Norma xeral)

Árbores en   3º liña: os  castaños nos soutos e os carballos nas carballeiras,  etc. (Norma xeral)

 

Este souto está en Rubillón, casi a carón do río Arnoia. Maravilloso. Fotografía do autor da www.

 

 

 

En Galicia é moi abondoso. Hai moitos soutos, que son lugares onde predomina o castiñeiro, lugares con moita sombra, e moi boa, tamén con manto herbáceo que non desaparece . Danse en lugares silícicos, nunca calcáreos. Os soutos están en lugares abrigados, templados e frescos. Xeralmente en fondos do val e nas ladeiras con bon chan, en terreos roubados a reboleiras (carballos). Árbores xeralmente moi vellos con enormes troncos mil veces podados e enxertados.

Nas provincias de Ourense e Lugo abonda moitísimo, sobre todo pola zona da Ribeira Sacra, onde se ven soutos incríbles e marabillosos. En Ourense hai soutosfora de serie tamén no  Barco, A Rúa, Á Gudiña, Viana, Celanova, Cartelle, etc.. En Lugo: por Quiroga, Os Ancares, O Caurel, Fonsagrada, O incio, etc.

Fálase que en Galicia hai actualmente arredor de 30.000 Ha. de soutos.

A verdade é que abonda moito, inda que non tanto como quixera o autor da www.

Non existe prácticamente na Coruña, no Norte de Lugo e en Pontevedra, onde si hai moitísimo eucalipto.

Dende logo si en Galicia houbera máis castiñeiros ardería moito menos, pero xa se sabe...

salir.jpg (922 bytes) Saír.