Rochedo.

 

        O  Rochedo é un lugar onde abundan as rochas.

Nos ríos galegos, sobre todo no nacente abundan os rochedos, pero tamén se atopan nos canóns e en algúns casos na desembocadura, poucos...

Por rochedo tamén se entenden unha rocha grande e elevada.

Río Xallas na desembocadura, presenta rochedos espectaculares.

Río Xallas. Rochedos. Os puntos negros son poteiras ou pías como as chaman en Ézaro.

Fotografías de agosto de 2012. Agora sí deixan o caudal ecolóxico, e agora sí se poden ver estas imáxenes

No Courel tamén se chaman taras os rochedos ou penedías como o da fotografía.

A fotografía é de Adela Leiro Lois e está sacada dun pps que ten dedicado o Courel e Uxio Novoneyra.

As veces estas taras baixan ata o río.

Nesta fotografía do río Lor vese como na parte de enfrente hai penedías ou taras que baixan ata o río. A fotografía é miña e podo testificar que así era. A foto está sacada na Labrada precisamente, onde hai unha ferrería.

Río Sil, encoro de San Estebo. Observar a penedía ou tara que baixa ata o río.

salir.jpg (922 bytes) Saír.