Morraceira

 

           A morraceira  é unha terra de aluvión, especialmente as illas formadas nos esteiros dos ríos son morraceiras.

Son famosas as morraceiras do esteiro do río Miño, como a morraceira do Grilo frente a Seixas.

As morraceiras fórmanse cós aluvións dos ríos, moitas veces en días, meses e anos. Unha morraceira pode aparecer nun día determinado e logo desaparecer, outas consolídanse.

 

 

Nesta fotografía tomada do Google Earth vense perfectamente as morraceiras do río Miño, concretamente a Morraceira do Grilo que se ve, dependendo da época do ano,  un trozo de areira e outro con vexetación.

Estas morraceiras as veces forman illas como pasa no estuario do Miño.

O Miño leva moito arrastre.

 

 

Morraceiras no baixo Miño, fotografía de Eladio Cortizo.

 

Nesta fotografía vese o estuario do río Miño, sacada dende o monte Tegra. Vense morraceiras xa consolidadas, como a Boega, o fondo, e a do Grilo. As consolidadas chámanse Illas.

 

 

Nesta fotografía que firman Roberto Tolín e Antonio Vázquez, e na que se ve o esteiro do río Eo, poden apreciarse perfectamentamente as morraceiras, sobre todo unha delas que parece un casquete esférico.

As morraceiras son producto dos aluvións dos ríos e poden cambiar moito o longo dos anos...

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.