Modelado fluvial.

        As correntes fluviais e polo tanto o desprazamento de auga a través dunha canle nun ámbito territorial determinado, leva emparellado un traballo xeomorfolóxico destas correntes consiste en tres actividades interrelacionadas: erosión, transporte e sedimentación. Estas corrente dan lugar a un modelado fluvial bastante extenso.

O río presenta según as zonas distintos aspectos dese modelado fluvial que son producto das correntes anteriores: fervenzas, terrazas fluviais, canóns, poteiras, aluvións, coiñais, meandros, veigas, barxas, etc.

Ver algunhas formacións deste modelado fluvial:

Esta é a corrente fluvial, neste caso do río Lor na Labrada (Lugo). Estas correntes e o seu desplazamento da lugar os distintos modelados fluviais.

As correntes leván consigo unha forte erosión,  transporte de materiais e sedimentación de materiais.

Nesta fotografía vese claramente como actua o río erosionando o leito. A fotografía representa unha Poza do río Cerves en Melón (Ourense). Neste caso deu lugar a terrazas de formación petrea.

Estas fervenzas forman parte do modelado fluvial.

A erosión da lugar tamén a estos canóns, como o canón do Sil en Ourense. Hoxe un encoro pero en tempos un río cunha corrente moi poderosa.

Poteiras ou pilacóns producidas pola corrente fluvial e a erosión que produce.

Meandros ou reviravoltas tamén producidos pola corrente fluvial.

O transporte que produce a corrente fluvial vese neste río co desplazamente dos cantos rolados. Neste caso é o río Vilamea en Lovios (Ourense)

A sedimentación está clara neste coiñal en Ourense, producido pola corrente fluvial do río Miño.

Ou neste outro en Selas, por debaixo de Arbo onde hai coiñais enormes producto da sedimentación das correntes do río.

   

Terreos de sedimentación das correntes fluviais: veigas, barxas, barcelas, etc.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.