Unha lavandeira pode ser un dos paxaros típicos dos ríos, ver no apartado de aves dos ríos galegos a súa ficha, pero neste caso o término lavandeira quere facer honor ao traballo das mulleres que lavaban as roupas nos ríos e regatos, o seu labor foi duro e amargo como se recolle no libro de Mari Vega Cerqueiro "As Lavandeiras -lendas e imaxes das donas do río-".
Editorial A nosa terra. 2002
Na portada unha fotografía va que se ve como secaban a roupa que se lavaba.
Mulleres de todas as idades pasaban horas enteiras en ríos , regatos e lavadoiros compartindo o frío, a humidade e o calor. Lavaban roupas que moitas das veces nin sequera eran súas, criaban os seus fillos e, a vez, tiñan que atender a casa e coidar da terra. Estas mulleres chamábanse lavandeiras.
Hai mencións das lavandeiras dende o século XVIII ata non fai moito, mediados do seculo XX.
A tarefa de lavar comenzaba indo a buscar a roupa as casas das "señoritas", pensións, colexios, ou a propia roupa. O chegar ao río separaban a roupa branca e de cor, logo viña o de mollar as pezas no río, enxabroando as pezas, logo asentala e logo veña a frotar e frotar, as veces había que torcela e finalmente despois de aclarar suficientemente levávase ao tendal para secala. As veces os tendais eran silveiras ou prados.
Imaxen de "lavandeiras" neste caso no río Miño en Ourense a carón da Ponte Vella. A fotografía está sacada do libro "As lavandeiras" de Mari Vega Cerqueiro. Nestos lugares falábase de todo... Descoñezo ao autor da fotografía.
Imaxen de "lavandeiras" neste caso no río Tea, baixo a Ponte Nova. A fotografía está sacada do libro "As lavandeiras" de Mari Vega Cerqueiro. Descoñezo ao autor da fotografía.
Moitos foron os trebellos e axudas que se inventaron para facer mellor o traballo como os caixóns con táboa e os caixóns simples, ver a fotografía seguinte:
Lavandeira no río con caixóns. Fotografía José Suárez.
..."Nos lavadoiros, dice o libro citado, botaban moitas horas un grupo de mulleres, facendo un traballo que lles deixaba libre a lingua, -como di o refrán: "O lavar no quita o falar"- así que a maior parte do tempo falaban de todos os acontecementos da parroquia: a isto denomínase rexoubar."...
Famoso é este anaquiño de canción, entre moitos que hai das lavandeiras:
Non te cases cun ferreiro
que ten moito que lavar,
cásate cun mariñeiro
que ven lavado do mar.
Lavandeiras a dereita e roupa a secar extendida no prado que hai á beira do río... Río dos Caralliños en Compostela. Descoñezo ao autor da fotografía