Herba das troitas

     Trátase dunha herba típica a carón dos ríos de Galicia,  que usada de determinado xeito envelenaba as troitas do río. Espero que hoxe non se utilicen estas prácticas de sempre prohibidas...

Deste xeito cubro no dicionario a letra H que estaba orfa de palabras relativas os ríos; por certo,  si sabes dalgunha mándame un email.

     Evidentemente no río hai moitas máis herbas, pero simplemente poño este exemplo. Un estudio das demais téndelo neste apartado da páxina.

En realidade a Herba das troitas  é o Casamelo (Senecio vulgaris) que lle teño no apartado das plantas unha ficha.

Esta herba é moi coñecida en Galicia, por algo ten moitos nomes: casamelos, cascamelo, manteigueira, herba crecha, morga, herba das troitas, herba da familia,  cálcemo, cascabel e un longo etc.

O máis normal é chamarlle casamelos ou herba das troitas.

Trátase dunha planta ergueita que chega os 50 cm, con talo moi ramoso como se ve na fotografía.

Chámase herba das troitas xa que se usaba para envelenar o río, xunto coa ruda e o trovisco. Esta herba e o trovisco soias. A ruda mezclada con excrementos.

Frolece casi todo o ano.

 

Trátase dunha planta ergueita que chega os 50 cm.

O talo é moi ramoso.

As follas son moi características e definen a planta xa que son un pouco carnosas e están divididas de forma bastante irregular en lóbulos dentados.

As cabeciñas que leva en toda a planta tamén é moi característica, así como os froitos en pelotiñas blancas.

   

Os froitos teñen o aspecto que se ve na fotografía é unha especie de pelo blanco.

¿Quen non soplou algunha vez estos froitos?. Pois hai que facelo...

Aparece en moitos lugares: fincas, xardíns, lugares onde se bota o lixo, e por suposto a carón dos ríos.

Na fotografía do autor da www, a flor da  herba das troitas sirve como imaxen da Ponte de Mandrás no río Arenteiro Ourense.

   

En castelán chámase Hierba cana, hierba de las quemaduras, lechocino, zuzón e outros nomes.

Casamelos no paseo das ninfas en Ourense. Río MIño. Autor da web.

Saír.