Galeón: "O rei do mar"

       

    Os galeóns eran unhas embarcacións que tiñan a proa recta e a popa redonda. Levaban cuberto e navegaban cunha vela de relinga no pau de proa e unha pequena no pau de popa; ainda que tamén levaban remos alongados que utilizaban fundamentalmente nas manobras de atraque e desatraque nos portos.

   Nestes barcos, de grande porte -18 a 30 Tm- faenaban catro ou cinco homes e desempeñaban un importante labor comercial. Mercaban as xardiñas que capturaban as lanchas de xeito e situábanas nas adegas. Alí eran introducidas en salmoira que preparaban nunhas tinas de madeira de grande tamaño. Curiosamente e para comprobar o grao de salinidade da salmoira utilizaban unha pataca: cando a baloca aboiaba, a salmoira estaba no seu punto. Os galeóns levaban despois as sardiñas aos almacéns de salgazón.  (Texto sacado deste link)

    En realidade dedicábanse o cabotaxe nas rías galegas, entrando tamén nos grandes ríos como o Ulla e o Miño. Houbos que carretaron area, para a construción dos portos e ensenadas da ría de Arousa. Outras veces subían polo Ulla arriba, aproveitando a marxe esquerda e á maraxe, e a súa facilidade de desplazamento. Tamén carretaban as rollas de piñeiro. Tamén atendían as telleiras radicadas no Facho, no Couto, na Arnosa, ou a cerámica de Guisasola sita en Fisterra. Sempre sin horario... (Angueiras de Galeón. Dionisio Pereira.).

Na fotografía o galeón "Nova Sofia" traballando de areeiro. Archivo da Asociación "A Rabandeira"

     Normalmente tiñan unha eslora (longo do galeón medido dende dentro e o primeiro piso, ver dibuxo) entre 8 a 20 m, e unha manga (ancho do galeón medido no medio) de 4 metros. Non se teñen noticias certas dos galeóns,  ata a segunda mitade do século XVIII. Era máis fácil atravesar as rías que dar a volta con todo tipo de mercancias. Estaban construidos en carballo, para as cuadernas e os elementos estructurales  e pino para o forro e a cuberta,  e o seu pouco calado facía que podían entrar en calquera lugar incluso ríos e praias. O temón tamén era especial e tiña duas posicións para poder facilitar a entrada en lugares difíciles.

Hoxe estanse a facer moitos  galeóns galegos. Por suposto xa lle poñen motor

Entre eles ver navegar un deles : "O rei do mar", 15 Tm. en 12 metros de eslora:

 

Galeón "O rei do mar" camiño de Arousa. Vista de babor ou meo. O babor é o costado esquerdo mirando desde a popa cara a proa. Este galeón ten tres velas:

Outra vista de babor. Tamén se ve a proa recta.

De frente. A proa do galeón.

Outra vista. O galeón singrando (navegando). Vista do estribor ou couse. O estribor é o costado dereito visto desde a popa a proa.

A popa do galeón é redonda.

 

Non é doado facer un galeón ver unha montaxe dun deles nos link que aparecen o final:

Da misma web saco este esqueleto en formación dun galeón. Desta estructura sácase unha conclusión evidente: facer un galeón  é de verdadeiros especialistas...

Estos paus en forma de U ou de V chámanse cuadernas. A parte de abaixo chámase quilla.

Ver algúns nomes relacionados cós galeóns galegos, a partires das fotografías:

 

Aproveitando  a fotografía do galeón "O rei do mar", poño varias palabras relacionado co barco como: proa, bauprés (o pau que vai na popa casí horizontal) as velas (foque (vela triangular na proa), Trinquete e cangrexa (de tipo trapezoidal),  o tambuche (onde se gardan as cordas)  o botalón (pao que axuda a velas e que vai horizontal), os obenques (cabvos grosos cos que se suxeita e sostén un pau ou mastro)  a popa e babor ou meo que é,  como se sabe,  a parte esquerda do barco. Relinga (corda que leva a vela nas beiras para darlle consistencia). Escota (cabo co que se goberna as velas dunha embarcación). Botavara (pau que sostén a vela cangrexa). Estrinque (cabo que parte do extremo superior do mastrol e que se ata ou suxeita no banco de escota). Raca (argola grande, metálica ou de madeira, que se coloca arredor dun pau ou dun cabo opara facer subir, baixar ou xirar o redor del unha vela, bandeira, etc. Permite izar tirando dun cabo). Cáncamo ( lugar onde está situado o mecanismo para elevar as velas). Imbronais (na cuberta, burato para o desaugue).

Outras palabras que merece a pena poñer aquí son  singrar (que é navegar),

 

Fotografía sacada da web http://www.modelismonavel.com descoñezo o autor da fotografía e o nome do galeón inda que pode ser "Sanxenxo", polo que vexo.

Aquí aparecen palabras como o Mastro (pau maior), Zapón (pequena porta para pasar a parte de abaixo, onde está a habitación e outras cousas), o tampuche (como o lugar) , a estacha (que é a corda que amarra o galeón ó ferro do porto).

Outras palabras curiosas. orzar (Virar o buque, dirixindo a proa desde sotavento a barlovento. Darlle o temón o ángulo preciso para realizar a manobra). Ichama (anaco de ferro da barra onde traballa o remo). Ostaga (cabo que serve para suxeitar as vels de gavia).

Amura (lugar da proa onde empeza a estreitarse). Nese lugar hai argolas (que son aros que serven de amarre).

----------------------------------------------------------------

Dicir que fai uns días chegou as miñas mans o libro de Anxo Angueira "Iria";  Iria é un galeon que entre outras cousas sube polo río Ulla no esteiro deste río. Anxo Angueira da todo tipo de detalles deste barco e polo tanto é a miña obligación é que me aclare no que era un  galeón galego e no que sigue a ser hoxe, xa que están construidos algúns e están outros a punto... Así teño duas ventaxas claras, unha poder entender mellor o que conta Anxo Angueira no seu libro e outra cuestión importante enriquecer o meu dicionario fluvial cunhas cantas palabras máis.

Un libro de lectura obligada. Autor Anxo Angueira.

Deste libro están sacadas a maioría das palabras utilizadas nesta ficha.

Unha xoia...

---------------------------------------------

Para ampliar:

Ver un video deste galeón.           Ver este link armando un galeón.      Visitar este blog sobre galeóns.

salir.jpg (922 bytes) Saír.