Fondo.

        O  Fondo dun río, é a superficie sólida sobre a que descansa a auga dun río. No fondo do río é onde están as pedras, as rochas, os cantos rolados, area e moitas plantas que nacen precisamente no fondo. Nese fondo do río vive unha chea de seres viventes que forman a fauna do río e da que tendes referencia dabondo nesta páxina web.

       A fondura dun río  é a distancia que hai entre a tona da auga e o fondo do río. Mídese en metros. Dependendo do río e do seu caudal así como dos pozos que teña,  a súa fondura varia moitísimo.

No Incio, cando se lanza unha pedra o río, esta,  aparte de salpicar a auga,  afonda e finalmente queda sumida baixo a auga. Afondar é penetrar na profundidade e ir o fondo. Afondar tamén se pode dicir profundar. Sumido, de sumir, e meter baixo da auga.

 

Nesta fotografía onde se ve o río Lor está escrito o que se entende por fondo que é onde descansa o río ou se apoia, o chamado tamén leito do río. A tona é a superficie de arriba.

Pois ben,  a distancia entre a tona e o fondo é a fondura do río.

Nesta fotografía tiña no medio sobre un metro de fondura.

   

Xusto a carón das pondras ou pasais,  que se ven no río Tea,  a fondura é duns 20 cms

Normalmente os  pondras fanse en lugares pouco profundos dos ríos.

......  

Esta fotografía, sacada no río Navea en Chandrexa de Queixa,  é moi válida para definir a fondura dun río pero non me atrevo a decir que fondo tiña xa que non é tanta como parece. Lembro que está feita dende o medio do río, onde cheguei sin problemas, sobre 50 cms. de fondo, e logo saquei esta cachopa ou pequeno cachón, seguramente aproximando o motivo...repito dificil de saber a profundidade; igual un metro ou así...

   

salir.jpg (922 bytes) Saír.