Evorsión.

A evorsión é unha erosión producida no leito rochoso dun curso de auga debida á acción dos materiais sólidos que arrastra a corrente e que se ven envoltos en remuíños, dando lugar á formación de concavidades máis ou menos cilíndricas  e profundas, moi abundantes nos ríos galegos e  que se coñecen co nome de poteiras, sorbedoiros,  revolvedoiros, furnas, pilacóns, paleiras, marmitas de xigante, etc. 

Os ocos son máis ou menos cilíndricos de distintas dimensións, en moitos deles pode atoparse unha pedra case esférica, chamada clastos (normalmente son varias) que, empurrada pola corrente en espiral xira producindo o desgaste da rocha, por suposto en centos de anos...

Estas caldeiras ou sorbedoiros formas os remuiños, tan peligrosos nos ríos.

Son famosas algunhas caldeiras de ríos de Galicia como as caldeiras do río Castro na Coruña. Hai caldeiras moi curiosas no río Navea, na zona da Ferrería. Tamén no río Viñao por baixo do Couto de Boborás, no río Cerves por debaixo de Prexigueiro, no río Loña en Ourense, no río Miño, no río Arnoia  e en moitos máis lugares de Galicia.

No dibuxo de Cesar Martínez Martínez vese a formación dunha marmita de xigante ou paleira.

A corrente  do río fai que unha pedra ou outro material que arrastra o río xire e de lugar a ese fenómeno que se chama evorsión que o cabo dos anos da lugar a un pozo cilíndrico cada vez máis profundo e máis grande que é a paleira

Evidentemente a paleira o cabo de moitos anos vaise facendo cada vez máis profunda, ver abaixo as de Castroleboreiro..

   
Poteiras no río Miño en Ourense.

Na fotografía, do autor da www, unha caldeira ou sorbedoiro en Ourense, no río Miño, preto do tinteiro.

Os remuiños, que forman estas caldeiras fan afogar a moita xente, cando están máis metidas no río.

 Peligrosos, moi peligrosos.

Neste caso non atopei as  pedras esférica ou cantos rodados que son os cinceles de estas cavidades de remuiño...

 

.....  
Na fotografía, do autor da www, unha caldeira ou sorbedoiro en Ourense, no río Miño.

O remuiños que forman estas caldeiras fan afogar a moita xente. Peligrosos, moi peligrosos.

Aquí si que se ven pedras que poden mediante evorsión e moitos, moitísimos anos dar lugar a estas paleiras ou pilacóns...

Estas pedras que deron lugar a paleira chámanse clastos.

 

 

Caldeiras en Castroleboreiro. Son espectaculares e a súa formación é como esta xa exposta.

salir.jpg (922 bytes) Saír.