Corrente fluvial.

        A corrente fluvial é o desprazamento de auga a través dunha canle nun ámbito territorial determinado. O traballo xeomorfolóxico destas correntes consiste en tres actividades interrelacionadas: erosión, transporte e sedimentación.

Tamén se chama correntada, cando é moi forte.

Esta é a corrente fluvial, neste caso do río Lor na Labrada (Lugo).

As correntes leván consigo unha forte erosión,  transporte de materiais e sedimentación de materiais.

 

Xa non teño pai nin nai,

nin nesta terra parentes,

son fillo das herbas tristes

neta das augas correntes.

Nesta fotografía vese claramente como actua o río erosionando o leito. A fotografía representa unha Poza do río Cerves en Melón (Ourense). Neste caso deu lugar a terrazas de formación petrea.

A erosión da lugar tamén a estos canóns, como o canón do Sil en Ourense. Hoxe un encoro pero en tempos un río cunha corrente moi poderosa.

Poteiras ou pilacóns producidas pola corrente fluvial e a erosión que produce.

Meandros ou reviravoltas tamén producidos pola corrente fluvial.

O transporte que produce a corrente fluvial vese neste río co desplazamente dos cantos rolados. Neste caso é o río Vilamea en Lovios (Ourense)

A sedimentación está clara neste coiñal en Ourense, producido pola corrente fluvial do río Miño.

Ou neste outro en Selas, por debaixo de Arbo onde hai coiñais enormes producto da sedimentación das correntes do río.

   

Terreos de sedimentación das correntes fluviais: veigas, barxas, barcelas, etc.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.