Caudal. 

O caudal dun río é a cantidade de auga que pasa nun segundo por un lugar determinado. Polo tanto a medida do caudal é en metros cúbicos por segundo.

Evidentemente os ríos son máis ou menos caudalosos según sexa esa cantidade.

O río con máis caudal de Galicia é o río Miño.

O caudal medio do río Miño é de 340 m3/seg

Este caudal, que a media de varios anos normais disparouse por exemplo no ano 2000.

Ver como iba o río Miño en xaneiro dese ano.

Caudal que levaba ese día:  5000 m3/seg, ou sexa máis de dez veces o caudal normal.

 

Así iba o río Miño na Ponte Vella de Ourense, cubría o paseo que hai no lugar...

Hoxe o río Miño en Ourense está regulado polo encoro de Velle, na misma cidade, por eso igual vai como na primeira fotografía ou ben con caudais moi superiores, según abran as turbinas.

 

--------------------------------------------------------------------------

    

Nestas fotografías vese o río Bibei (Viana-Ourense) con caudais según os anos, a da esquerda anos corenta o río Bibei co seu caudal normal. A da dereita hoxe, o río Bibei casi sin caudal regulado polo encoro do Bao.

 

O río Bibei en tempos moi caudaloso hoxe en moitos lugares un río que vai debaixo das pedras e cun caudal de vergoña.

Hai aparatos que miden directamente o caudal e están basados en principios físicos que non ven a conto explicar neste lugar.

De tódolos xeitos como supoño que neste apartado entran moitos "nenos" que están en formación decirlles que non é moi dificil facer un cálculo aproximado do caudal dun río pequeno bastaría facer máis ou menos o seguinte:

"Imaxinemos un río ideal, como unha piscina que tubera 10 metros de ancha e 2 metros de fonda. No caso do río basta medir a anchura do río, por exemplo nunha ponte é doado e tamén aproximar o fondo do río, calculando unha media. Imaxinemos que deu 2 metros.

O corte trasversal ten 20 metros  cuadrados.

Agora calculamos a velocidade do río nun tramo, bastaría soltar unha folla nun lugar e medir o tempo que lle leva chegar a outro que sabemos a distancia que está. Logo saber a velocidade nun metro, supoñamos que foi dun metro por segundo.

O resultado final sería caudal= 20m2  x  1 m/seg =  20 m3/seg

Observar que o volumen que fai nun segundo é 10 x 2 x 1   m3

O resultado é sempre válido si a velocidade ben dada en m/seg "

Si queredes complicar un pouco as cosas tendes en internet, si non borraron o link unha explicación tamén de andar pola casa en base o método que chama o autor do "flotador", está curioso pero xa é un pouco máis complicado. Tamén por suposto é un método aproximativo. Ver este link.

O método do barril tamén é aproximativo é curioso. Ver este link

Por suposto que existen aparatos chamados correntómetros que o miden directamente.

Correntómetro dixital. Inluso telescópico extensible...

Salir.