ALEVÍN  DE  TROITA.

o ALEVÍN DE TROITA  é una troita pequena. En xeral un alevín é un peixe pequeno.

Alevíns de troita nun criadeiro de troitas. Estas teñen sobre 4 ou 5 cms. Descoñezo o autor da fotografía.

Alevín de troita.

O alevín de troita tamén se chama en moitos lugares cácabobizcardo, xamardo (por Guimarey e Codeseda) e tamén xamico ( os alevíns andan casi sempre en carduméns ou enxames grandes, grupos da misma especie que andan xuntos. de onde ven esta palabra).

O cardumen tamén se chama bancada, bandada e outras formas.

 

Alevíns de troita. Nesta fotografía vese un cardumen ou unha bandada de alevíns de troita.

Alguén preguntará ata que medida se considera alevín de troita?. Con caracter xeral podemos falar de alevíns ata a medida de troita mínima que teñamos establecida para a pesca da troita na comunidade.

 

Botando no río alevíns de troitas. Estos alevíns están entre 2 e 4 cms.

A troita deixa de ser alevín cando se considera reproductora, pero eso non é cuestión de centímetros, teño pescado troitas de 17 cms. que xa teñen ovos de troita ó abrilas, é cuestíon de moitos factores...Hoxe  en Galicia, ano 2012,  a medida mínima é 19 cms.

 

 

A medida da troita calcúlase dende o vértice da V da cola ata o bico da troita, como marca a fotografía e a doble flecha que lle puxen... En Galicia actualmente o mínimo son 19 cms. que según os ríos xa é unha troita de tres a cinco anos. Nos ríos de montaña,  como todos os do oriente ourensán, Cenza, Bibei alto, Navea, Conso, Mente, Arzoa, Parada, etc. unha troita de 17 cms. xa é adulta.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.