Chámanse CURTIDOIROS os lugares onde se curten as peles, osea se preparan as peles dos animais para conservalas. Os homes que se dedicaban a traballar nos curtidoiros recibían o nome de curtidores ou coireiros (tamén piliteiros) e sobra decir que tiñan que ver moito os ríos galegos no seu traballo como veremos, moi de pasada, a continuación.
![]() |
|
![]() |
O lavadeiro que se ve na fotografía de arriba eran pías feitas con lousas de pedra de 3 x 2 metros e 2 metros de fondo nestas pías ponse a pelica a remollo en auga pura, osea auga do río, para que solten a sal que teñen, é o típico remollo. |
![]() |
Na unidade didáctica que aparece neste link http://www.allariz.com/datos/Unidade_Didactica_-_O_Coiro.pdf vese perfectamente como era o tratamento do coiro e o mesmo tempo como é actualmente. |
![]() |
As casas dedicadas a transformación da pel utilizaban animais do contorno, que sometían logo a unha transformación bastante complicada, as técnicas usadas tuveron un gran apoxeo no século XVIII e XIX. Moitas destas "fábricas", que en realidade eran casonas de particular e funcional arquitectura, estaban apartadas xeralmente dos núcleos habitados polo seo fedorento ambente. Por suposto sempre a carón dos ríos ou regatos xa que a auga era fundamental no proceso. |
Fontes da ficha: libro "Os oficios" de Xaquín Lorenzo Fernández de editorial Galaxia e o libro "Ourense etnográfico" publicado pola Diputación de Ourense en 1998. As fotografías son de José Antonio López.

Museo do coiro de Allariz. Fotografía sacada desta www. Link da fotografía.
Nese mismo link hai unha unidade didáctica que explica de forma marabillosa todo o proceso do curtido do coiro. Ten este link.