FOLÓN ou BATÁN.

Chámanse FOLÓN a unha máquina movida pola acción da auga que, provista duns mazos, serve para bater en mollado os tecidos saídos dos teares, para conseguir dese xeito apertar os entramados, así como lavala ou desengrasala.

Chámase tamén BATÁN e PISÓN.

Folón  de Entrimo, en Ourense, xa desaparecido e que describe Xaquín Lorenzo no libro "Os Oficios".

O folón van as mantas para ser rematadas. Tamén os picotes.

O folón necesita dun río que faga xirar a roda que se ve na figura. Trátase de algo parecido os muíños e as ferrerías.

A roda leva uns caixóns sobre os que cae a auga para movela. O funcionamento é simple xa que o mover a roda que vai con catro radios,  fan mover e xirar o eixe. O xirar  fai mover unha especie de martelos, no dibuxo vense dous, que son os que mallan sobre o lenzo.

   

Para foloalo tecido, conta Xaquín Lorenzo Fernández, hai que mollalo na pía , polo que fan uns pequenos canais para que a misma auga molle o tecido o mesmo tempo que o mallan. O lenzo debe estar sempre mollado pero non lle convén a auga fría. No inverno quéntase a auga e mantense mollado mentras actuan os mazos.

Na fotografía o batán de Mosquetín en Vimianzo, que como se pode ver non queda nada.

Actualmente creo que están recuperados estes a algún máis.

   

Efectivamente están recuperando estos batáns:

Estes muiños sitúanse á esquerda do río Grande e suman en total sete muíños máis tres batáns. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o liño e lá. Durante séculos constituiu unha importante industria e os seus servizos eran demandandos máis aló dos límites naturais de Soneira. Actualmente están sendo rehabilitados pola Deputación da Coruña co obxetivo de reformalos nun museo.

Ver este link

Ver esta fotografía moi boa.

En Taramundi (Asturias) pero moi preto de Galicia, hai un conxunto etnógrafico onde se pode ver entre outros como un batán ou folón. Ver este link. É o conxunto etnógráfico de Teixois. Unha marabilla.

Nesta fotografía, sacada do link especificado anteriormente,  vese o batán de Teixois en Taramundi que está en perfecto funcionamento. Observar que básicamente coincide có descrito por Xaquín Lorenzo có de Entrimo. Por certo en Asturias tamén se chama pisón. Igual que en Ourense.

 

Ver este video sacado do link Navegando polos ríos de Trazo . Batán de Oa do río Choia.

salir.jpg (922 bytes) Saír.