Chámase ENTULLO os restos de pedras, terra, etc., que arrastra unha corrente de auga cando chove moito e que se deposita nunha beira do leito do río. Tamén se chama trollo e por suposto bulleiro, pero esta palabra aplícase a todo, esté ou non no río.
Na fotografía vese o típico entullo dos ríos en Galicia, zonas polas que hai que andar con cuidado xa que se pode enterrar un bastante cando vai de pesca.
Estos entullos teñen unha vexetación especial xa que están formados por unha gran cantidade de terra, follas, etc.
En realidade son beiras dos ríos con moi pouca auga, con corrente lenta ou nula e que forman fondos lamacentos.
O paso dos días pobóanse dun gran número de especies que sacan as súas flores o exterior.
Son típicos dos entullos os xuncos, espadainas, espigas de auga, bións, etc.