Un carriozo (falando de ríos) é un curso de auga de pouco caudal que trascorre por unha depresión do terreo cando chove moito, por suposto buscando un regato o un río. Tamén se chama carronzo, carrozo, doira e doiro. Por suposto que si non chove non levan auga. É distinto do regueiro ou regato xa que este ten nacemento nunha fonte. O carriozo non ten fonte, soio leva auga nas chuvieiras.
Carrozo ou torrente no Courel.
O fundamental é que non esté producido por unha fonte e ademais no caso de chover que baixen por el as augas.
Esta fotografía está sacada do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.
Na fotografía podería ser un carriozo inda que ten toda a pinta dunha corga.
No dibuxo pode entenderse o que é un carriozo.