Olleiros
Lugares dos ríos onde a auga nace a borbotóns, como si saíra do fondo do río ou fervera a auga nese lugar. Tamén se dí que a auga sae abroiando.
No diccionario "auga que sae da terra ou de entre penas", entre outras.
Fotografía do Libro "Os ríos". A Nosa terra.
Olleiros na Lagoa de Fonmiñá.
A auga sae a borbotóns como si fora o nacemento do río, pero non ten por que ser o nacemento.
A auga pode nacer noutros lugares do río. Neste caso a zona recibe o nome de "Olleiros do río".
Na fotografía a auga sae abroiando na Lagoa de Fonmiñá.
Nota: dice Gonzalo Sancho Blanco que esta palabra a escoitou en Tomeza, preto de Pontevedra.
Gracias Gonzalo.
Conta Gonzalo Sancho Blanco, que foi o que me fixo chegar esta palabra tan bonita, o seguinte:
"Cando eu era pescador aproveitaba o tempo de veda para ollar todo canto libro sobre troitas e pesca chegaba as miñas máns. O de Miguel Delibes "Mis amigas las truchas", inda me gusta agora, pois ten a capacidade de transmitir as súas xornadas de pesca como propias. Dentro da súa riqueza lingúistica sobre ríos topei unha palabra nova para mín: "Ojuelos", brote de auga a borbotons, como o nacemento de un rio. Anos máis tarde unha tía da milla muller decíame: "Este regato o teño andado de nena desde aquí ata os olleiros"
Nesta fotografía de Pedro Retamar, sacada do libro "Las edades del Agua" de Joaquín Araujo a auga abroia en todo o olleiro.
Trátase polo tanto dos olleiros dun río ou regato.