FERRERÍA.

Unha ferrería é un obradoiro onde se quenta o ferro para poder traballalo posteriormente.

A ferrería ten outros sinónimos como fragua, forxa, ferraría, obradoiro onde traballa o ferreiro, etc.

Nesta pequena ficha, quero facer mención das grandes ferrerías  que se situaban o pe dos ríos, sobre todo en Galicia e Asturias.

Estas ferrerías constaban básicamente dos seguintes elementos: complexo hidráulico para levar a agua. Grandes fuelles. Forno e gran mazo. Teóricamente as ferrerías estaban situadas preto de lugares onde había carbón e lóxicamente ferro.

Algunhas das ferrerías  inda se conservan en Galicia, así a de Penacoba, preto de Rubián (Lugo), que se pode visitar perfectamente.

Outras ferrerías están desfeitas como a do río Navea no camiño de Santa Cruz a Edreira en Chandrexa de Queixa.

As seguintes fotografías corresponden a Ferrería de Penacoba, da que hai datos dende 1870, esta ferrería é moi curiosa xa que algunha dependencia está escavada na rocha:

Básicamente a ferrería constaba dunhos canles de auga, normalmente presas e logo conductos de pedra ou neste caso de madeira. Esta auga, que neste caso está bastante lonxe (200 metros), recóllese nunha presa, e lévase ata a ferrería.

O impulso da auga caendo, que se ve na fotografía, move grandes rodas, como se ve na fotografía seguinte.

.

Roda que vai mover un gran fuelle que se ve nas seguintes fotografías.

A auga cae dende unha gran altura, dous ou tres metros, e move a roda que é vertical, como a das aceas (muíños) do río Miño.

Mediante uns andamiaxes moi curiosos fan funcionar o fuelle ou fol, que seguidamente vai mateñer o lume a tope para fundir o ferro.

De feito, non aparece na fotografía, pero o bico do fuelle remata dando aire a un forno, onde se quenta o ferro.

Este é o fuelle que dará aire a fornalleira que é onde se prende o lume para poñe-lo ferro ó roxo.

O fuelle aviva o lume e pon ó roxo o ferro.

O ferreiro vai conseguir seguidamente facer distintos obxectos para o que vai facer uso doutro sistema, tamén movido neste caso por outra roda parecida a anterior. Esa roda o moverse levanta un mazo e deixa caer e así sucesivamente.

Básicamente o mazo consiste nunha roda semellante ás dos batáns, tamén vertical, que ten un eixo; noutro cabo están catro tacos de madeira, os malugreiros, nos que tropeza o mango dun martelo que deste xeito sube e baixa e golpea o ferro.

Evidentemente a partir do proceso anterior trabállase o ferro e despois fanse as distintas ferramentas: sachos, fouces, coitelos, etc. Tamén pezas como petadores, reixas, pechos, etc.

As ferrerías fai tempo que quedaron sin uso. Hoxe hai industrias que traballan o ferro doutra forma.

Son famosas inda hoxe as navallas e coitelos de Taramundi en Asturias, onde hai unha ferrería, que merece a pena visitar.

Algunhas cantigas dos ferreiros:

------------------------------------------------------

A muller do ferreiro

ten unha saia,

que lla figo o ferreiro

cunha navalla.

-----------------------------------------------------

Non te cases cun ferreiro

que te queiman as muxicas.

--------------------------------------------------------

Non me case, miña nai

con ferreiriño das forxas;

que me queiman as charamuscas

miña cariña de rosas.

---------------------------------------------------------

As fotografías están sacadas deste link.

salir.jpg (922 bytes) Saír.