Un caneiro é a canle dunha presa na que se colocan redes para pescar. Tamén é unha presa baixa nun río.
En moitos lugares chámese tamén caneirón, o normal é que o caneirón sexa máis pequeno e rectangular, tamén se chama caneira e guiares.
As palabras pía e caneiro con pallaza están definidas máis abaixo deste texto.
Vexamos alguns caneiros e como funcionan:
Caneiro en Portomarín. Río Miño.
Estas construccións facíanse para pescar. Así vese na fotografía (octubro do 2002) unha canle en V, situada có vértice da V cara arriba no río. No vértice colocábanse as redes polas que ó subir os peixes, e pasar pola rede, quedaban atrapados.
Valía para pescar peixes de todo tipo incluidas as anguías.
Caneiro en Portomarín. Río Miño.
O caneiro desta fotografía (anos 1950 ou así) é o mesmo que o da fotografía anterior.
Hoxe este pobo, Portomarín, foi trasladado, e o terreo está baixo as augas do encoro de Belesar. Encoro de Fenosa no río Miño.
... Caneiro en Portomarín.
É o mesmo caneiro que os anteriores. Observar a forma de V do caneiro.
Decíame un paisano en Portomarin que, fai anos, cando non había o encoro de Belesar, un caneiro daba máis anguías que hoxe en todo ano, todo o encoro. Non me estrana, hoxe as anguías están en extinción total no río Miño xa que Fenosa non fixo nada para que remontasen os seus encoros. Un auténtico roubo os galegos...
CANEIRO NO RÍO MIÑO EN LUGO.
Estos caneiros eran, é inda o son, moi típicos no río Miño. Siguen sendo pero sin utilidade e deixando morrer a súa existencia e o seu significado.
Hoxe non se utilizan prácticamente.
É unha magoa xa que nos caneiros hai moita historia de Galicia.
Moitísima...
Caneiro en Portomarín.
O caneiro desta fotografía esta situado en Portomarín. Por riba da antigua ponte.
Observar a forma e onde se colocaban as redes.
Este caneiro está visto por debaixo.
As formas triangulares eran típicas.
Caneirón no río Sarria.
Este caneirón que en Sarria lle dín "pesqueira" está no muíño dos meus amigos Mercedes e Mourín, por riba do pobo de Sarria.
En tempos era doado coller anguías nestes caneiróns.
Caneirón no río Arnoia
Este caneirón está preto do muíño das Poldras na parte baixa do río e precisamente onde hai un paseo fluvial que lle chaman o "Paseo do caneirón"
Arnoia. Ourense
Caneiro no río Miño.
Nesta fotografía de J. M. -López vese o típico caneiro en V. Río Miño.
ESQUEMA DUN CANEIRO.
Caneiro descrito abaixo. Esta fotografía é do autor da web. Este caneiro non ten pallaza pero vese a pía perfectamente e os espigóns. Está feita a fotografía en Portomarín un ano que o encoro de Belesar estaba baixo.
![]() |
ESQUEMA DUN CANEIRO 1.
|
|
|
ESQUEMA DUN CANEIRO 2.
|
O esquema e as ideas do texto están sacadas do libro "A pesca tradicional dos ríos de Galicia" de Lois Ladra, publicado pola editorial Sotelo Blanco no ano 2008.

Este é o caneiro anterior pero con Portomarín no seu lugar. A fotografía é dos anos cincuenta do século pasado. Por baixo vense as ruínas da ponte que xa soio tiña un arco. A fotografía está sacada dende a ponte da estrada que unía Sarria con Portomarín, e o río é o Miño.
Aquí vese o arco de loureiro o que se amarra a rede e que leva a súa vez os amarres na pía. A fotografía é de Trabazos, está feita no Páramo en 1998. Pola miña parte está copiada do libro citado anteriormente.

Aquí vese un caneiro con pallaza. Simplemnte un caneiro onde na pía se facía unha pallaza para pasar a noite ou contra o mal tempo.
A fotografía está sacada en Portomarín (Arquivo Pereira). A pallaza facíase no ano . Hai caneiros onde o triángulo da figura chamado pía se anexionaba por detrás un lugar para pasar a noitada, o lugar estaba feito de seixos e de forma que aguantara as enchentas do río. Por suposto non é o caso da pallaza.