Penca

 

As pencas das troitas son as manchiñas ou ocelos que ten a troita no lombo e que normalmente son de cor vermella forte. Tamén se chama o pencado da troita ao conxunto de pencas.

En algúns lugares de Galicia como Láncara en Lugo fálase do lentexento. Lentexento é unha palabra que non trae o dicionario Xerais da Lingua pero que aparece en outros dicionarios (Eladio Rodríguez).

Dixo Botteler "

Deus pudo, sin dúbida, facer un animal  máis fermoso que a troita, pero, tamén sen dúbida, nono fixo

 

Canta verdade, sin dudalo,  Botteler era dos meus...

 

 

 

O pencado desta troita é marabilloso e a fotografía non fai xustiza.

 

 

 

 

Esta si que é unha troita ben pencada. O pencado desta troita é vermello e negro. As troitas deste río o Cenza en Vilariño de Conso eran especiais.

E digo eran xa que deben quedar poucas deste estilo. No río que era un val glaciar fixeron un encoro sin sentido...que forma de estropear a natureza para sempre...

 

 

O pencado desta troita tamén é especial,  non hai máis que vela. Ten un pencado vermello que chama a atención. A troita é do río Louzara no Courel.

En Láncara dise o lentexento da troita.

Para poder apreciar o pencado da troita, ver a imaxen en grande. (A troita está aberta e sin magas).

Sensacional troita Hilario...

Observar este pencado é extraordinario e raro.

Gracias Cao.

 

Esta foi unha das troitas pescadas por mín, en Chandrexa de Queixa no río Navea, fai xa anos, lembro a postura exacta e como entrou a pluma vermella de fios negros, parecía de medio kg. pra riba, ao final quedou nunha troita cuarterona de 350 grs;  si é hoxe devolvoa ao río. Tiña as pencas máis espectaculares ó que pasa é que está un pouco manchada da súa sangue...pola parte de abaixo. Era un macho. Observar que ten pencas vermellas na aleta dorsal.

salir.jpg (922 bytes) Saír.