Río

      Un río é un curso natural, vivo,  permanente e continuo de auga doce que flúe por un leito entre o seu nacemento e a desembocadura noutra masa de auga continental ou no mar. 

     Fluir é correr un líquido; discorrer. Efectivamente no río flúe a auga.

Nas fotografías que siguen (todas do autor da www) poden verse auténticos ríos de Galicia. Tamén algunha fotografía  dun leito que foi un río e moitos anos deixou de selo...

 

O pai dos ríos galegos: o río Miño.

Retorta incríble do río Miño preto de Arbo. Un lugar impresionante é único, onde inda podemos ver un río : o río Miño.

O río Miño por riba de Frieira non é un río normal, é un río embalsamado por Fenosa e medio morto pola contaminación.

O río Miño foi, en tempos, o mellor río galego en todo. Hoxe estase a convertir nun río moribundo.

.....
O río Lor na Labrada, outro río de Galicia.

O río Lor é para mín, hoxe en xaneiro do 2002,  o mellor río Galego que coñezo, en canto a súa conservación.

Unha auténtica marabilla.

Dende o seu nacemento ata a súa desembocadura no río Sil, preto da Labrada é un río sensacional.

.....
O río Navea en Ourense, de momento un río.

O río Navea é outro río sensacional, auga doce, flúe normal, é desemboca no río Sil, xa non de xeito moi normal.

Sin dúbida no tramo da fotografía inda é un río.

Actualmente ten 15 kms. de río sensacionais. Logo veñen os encoros que escarallan o río totalmente.

O río Navea é un afluente do río Sil.

Na miña visita en setembro de 2012 vexo que este río está actualmente na UVI, medio morto sin vida e cheo de cinza. Ver este video da miña visita.

 

.......
Río Xares outro gran río da Provincia de Ourense.

Tamén se trata dun río sensacional dende o seu nacemento ata a Veiga, a partir dese lugar non é un río.

O encoro de Prada remata con este río. Por debaixo do encoro ata o Sil a morte aparece  a cada paso.

Fotografía do autor da www, xaneiro do 2002.

Couto do Xares.

   
O río Xallas na súa desembocadura en Ezaro. Un río morto.

Esto chámanlle un río algunhos dos políticos, tamén os donos da hidroeléctrica do Xallas.

Para mín non é un río, é simplemente un roubo a man armada. Unha vergoña.

Trátase dun atentado a natureza e os seres vivos que sin dúbida habitaban ese tramo de río.

Algún día a Xunta ten que obligar a estas empresas a restituir o roubado e cumplir a lei.

Ver a fotografía seguinte.

Nota sobre o río Xallas:

A Xunta non fixo casi nada por este tramo, Fraga decretou no ano 2002 que os domingos as 12:30 tería vida este río o resto dos días  non.

 Pero a lei si decretou que este tramo debera ter sempre o caudal ecolóxico. Esto pasou no ano 2011. "Ríos Vivos" ganou un pleito a Ferroatlántica que lle obliga a cumplir a lei: deixar caudal ecolóxico.

Agora si é un río...inda que sexa cativo...

   

Agora si podedes ver sempre como este río, o río Xallas,  desemboca no mar nunha fervenza:

Esta fervenza está a 1 km. do encoro anterior. Agora podemos vela todos os días...

Esta páxina, síntese orgullosa de reivindicar dende 1998 que esto pasara, por lei...

---------------------------------------------------------------------------------------

Os ríos sabedes que van disminuindo a sua pendente dende o nacemento ata a súa desembocadura noutro río ou no mar,  por lóxica para moverse a súa auga terá que ir sempre da maior pendente ata a menor.

 

 

Vedes no perfil do río Miño, nos 307.5 km. que ten de lonxitude as tres etapas de tódolos ríos: no curso alto normalmente leva unha pendiente moi pronunciada e polo tanto unha forte corrente que se traduce en ferbenzas e saltos de todo tipo, o desgaste do río é grande. No curso medio vai máis de vagar é o lugar dos meandros, o desgaste é moito menor. Finalmente no curso baixo o río vaise ensanchando, vai moito máis lento ata desembocar neste caso do río Miño no mar.

 

O río Miño de mozo. Curso alto. Fotografía de J.M.Galaico.

 

Río Miño no curso Medio. Que conste que o exemplo non é o mellor, nesta zona quere volver ser xoven...Fotografía Secundino L.

Curso baixo do río Miño, preto da desembocadura.

Hai ríos que mocean de vellos, pero son os menos. O río Xallas é un deles...

Río Xallas, un auténtico mozo na súa desembocadura no mar, en Ézaro. Debe ser o único de Europa, non é normal. Eu penso que se debe cabrear xa que o teñen en moitos tramos preso e aproveita para reivindicarse...

salir.jpg (922 bytes) Saír.