ESTIAXE.

A estiaxe, falando de ríos,  é o período que vai, cando non chove,  dende xuño a setembro, inda que pode adiantarse,  e que se caracteriza porque o caudal dos ríos baixa considerablemente, quedando algúns reducido a fíos de auga.

Vexamos algún río no estiaxe e os distintos tipos:

Fotografía J.A. López.

Este regatiño leva moi pouca auga, nótase que está no estiaxe.

Últimamente có cambio climático a estiaxe dos ríos de Galicia é dramático e compre tomar medidas polo menos de vixianza e de ética e amor a natureza.

.............
Fotografía J.A. López.

Este é un regato na estiaxe no que prácticamente queda valeiro ou con moi pouquiña auga.

.........

Esta fotografía contempla o que se chama "Estiaxe por roubo a man armada".

Trátase do río Barbantiño o día que Engasa puso a funcionar a minicentral (11-11-1998). 

Hoxe ten máis auga, a por de estar encima os ecoloxistas. De tódolos xeitos fai pouco foi denunciada.

 

.........

Esta fotografía contempla o que se chama "Estiaxe por caudal ecolóxico impresentable".

Trátase do río Limia en PonteLinares, ver como ven o río por riba da minicentral e contemplar a estiaxe por debaixo.

Esta fotografía contempla o que se chama "Estiaxe eterno por roubo a man armada".

Trátase do río Xallas en Ezaro, pero esto pódese contemplar en moitos lugares de Galicia.

Por certo no ano 2007 este río foi noticia xa que houbo unha "estiaxe formado" polos donos e morreron miles de troitas e peixes. Está hoxe en investigación.

salir.jpg (922 bytes) Saír.