Zudra

      Unha  zudra é  un sinónimo de presa moi utilizado pola Limia, concretamente por Rairiz de Veiga e Vilar de Santos en Ourense, polo tanto é unha construcción feita nunha corrente de auga, consistente nun muro que detén a auga para acumulala,  independientemente do seu uso posterior, para regar ou para un muiño, etc. Tamén se chama  presa, represa,  encalco, calzada,  preseira (por Hermisende (Zamora)), ceña (por Carballedo. Pontevedra)

Teño que agradecer ó libro "A luz da chuvia" de Delfín Caseiro e Antón Jardón, e polo tanto os autores do libro,  onde vín por primeira vez esta palabra, concretamente no capítulo "Ver cos dedos", e onde o cego de Buxán, o Sebastián,  dice:

..."O sitio onde pasaba horas e horas era na zudra do río, na presa do lecer onde nacía a canle que levaba a auga ao muíño de abaixo. Alí permanecía  sentado  nas pedras, escoitando o cantar doce da auga, cos pés, liberados das pesadas chancas, metidos na corrente, que el intuía limpa e cristalina, experimentando ás veces  a caricia fuxídia   das patas dos zapateiros ou o lategazo líquido dunha troita grande. Tamén escoitaba o  zunido cálido dos cabaliños do demo e das avespras ao pasaren  ao rente del..."

O libro editado pola editorial Toxosoutos S.L. no ano 2019,  é unha auténtica xoia que recomendo con entusiasmo. Un libro marabilloso.   Dende esta web animo os autores a seguir contando estas historias. Moitas gracias os dous.