AFLUENTE.

Un afluente é un río que vai a desembocar noutro principal.

Así o Sil é un afluente do río Miño. Hai ríos que teñen a cualidade de no ser afluentes de ningún río, pero a maioría si son afluentes doutro máis importante.

A determinación do río principal e dos afluentes non é tan trivial como a xente pensa, en xeral.

Río Lóuzara na súa confluencia co río Lor.

O Lóuzara é un afluente do Lor. Na fotografía o río Lóuzara é o pequeno que se ve enfrente.

Neste caso non hai dúbidas.

......

Na fotografía o río Navea en Chandrexa de Queixa recibe pola esquerda o regato de Torneiros, xusto na Ferrería.  O río Torneiros é un afluente do río  Navea pola esquerda. Na fotografía non se ve, xa que vai detrás das xestas do primeiro plano.

Outro caso claro.

.....

Na fotografía o río Miño recibe o río Loña. 

O río Loña, que se ve na fotografía xusto enfrente,  é un afluente pola esquerda do río  Miño.

Tamén sin dúbidas.

   

Na fotografía vense tres ríos, o que baixa en primeiro término é o río Bubal que é un afluente do río Miño, pola dereita, no que desemboca.

Despois da ponte de ferro vese outro río é o río Sil que se considera un afluente do río Miño.

A fotografía está sacada nos Peares e non aporta moita luz a palabra.

Ver as seguintes fotografías.

Aquí entre o río Sil e o río Miño si que hai dúbidas.

   

Nesta fotografía vese de frente o río Miño e a dereita vese o río Sil. O río sil é un afluente pola esquerda do río Miño.

O concepto de afluente non é trivial. Concretamente neste caso do Sil e o Miño  non está claro quen é afluente de quen...

O  río Sil ollo que trae moita máis auga que o río Miño. O Sil leva a auga e o Miño a fama, di o dito popular, e así é en efecto.

Si é certo que o río Miño mide 310 Kms. e o río Sil 215 km2., pero eso non quere dicir nada.

   

Ver a fotografía dende satélite: quen é a afluente de quen?. Normalmente acúdese a " Perceptoloxía, segundo a cal, si dous ríos mesturan as súas augas, considérase río principal aquel que na confluencia forma un ángulo maior co curso que prosegue". Pero aplicar este principio non é doado. ¿Como se miden os ángulos?...

Polo tanto,  repito, o tema non é trivial...

Vou demostrar a continuación que o río Sil é afluente do río Miño, por suposto según o principio de Perceptoloxía citado.

   

O ángulo A é o que forma a liña do río Miño antes da confluencia coa liña que siguen os ríos despois de xuntarse. (Sempre o menor e sin ter en conta signos).

O ángulo B é o que forma a liña do río Sil antes da confluencia coa liña que siguen os ríos despois de xuntarse.

Na fotografía, que é a misma que a anterior, están trazados os ángulos os que fai referencia o tratado de Perceptoloxía citado.

Evidentemente o ángulo maior é o ángulo A que está formado polo canle anterior do río Miño e o canle despois da confluencia.

Dado que A é maior que B, según o criterio anterior o río Miño é o principal. Desta forma podemos falar do  río Sil como dun afluente do río Miño. (c.q.d.).

Non é tan trivial...

Nota do autor da web: esto de c.q.d. (como quería demostrar) vai dedicado os meus queridos alumnos do ITEM de Ribadavia dos anos 1968-1977.

Nota: sobre este tema dos afluentes, ten un artigo o meu amigo Santiago Lamas no libro Galicia borrosa que é sensacional e que ademais aclara os conceptos de afluentes facendo referencia a un tratado  que analiza este feito.... Este artigo forma parte desta web sobre os ríos galegos e a súa vida. Está neste link.

salir.jpg (922 bytes) Saír.