CANÓN.

         O canón dun río é un val fluvial estreito e profundo, con sección en V pechada, orixinado pola acción erosiva dun río ou por fenómenos tectónicos. Tamén se chama garganta, cañón, engroba, engrobia, foz, cañada, gorxa, cabaixedesfiladeiro, cerrada, etc.

         Alguns canóns sensacionais da Provincia de Ourense, por certo esta provincia seguramente teña os mellores canóns do mundo, en calidade e en cantidade, o malo son os ríos que formaron o canón, que deixan moito que desexar, dicen que agora son "mares interiores" unha auténtica "coña marinera": 

 

O canón do río Sil.

 

Antes de facer o encoro de San Esteban, sobre 1940, este si que era un auténtico canón en V, como marcan os cánones.

Hoxe chámanlle tamén canón.

Non sei de quén é a fotografía, pero sin dúbida é unha fotografía histórica. Ver a fotografía seguinte.

.......
Fotografía S. Lorenzo. O canón do río Sil.

Hoxe co encoro de San Esteban o canón do Sil vese deste xeito.

Non é o mesmo. De tódolos xeitos é sensacional e único.

Foto do autor da www.

 

......

Canón do río Bibei nas Ermitas (1940).

Hoxe o río Bibei nin é río, nesta zona, nin nada parecido. En todo caso é un regato ou regueiro, por mor de Iberdrola que o ten esnafrado. Soio ten un fío de auga, na que soio viven as ras, e para eso mal.

Na fotografía dos anos corenta, sensacional, vese o río Bibei, como un gran río e o canón do Bibei como fora de serie.

......  

Canón do río Bibei (2002). 2 kms. por riba das Ermitas.

Hoxe o río bibei nin é río, nesta zona, nin nada parecido. Ver a fotografía do desastre. Non se ve o río, soio o leito e gracias.

Na fotografía de xaneiro do 2002,  vese no fondo o canón, sin auga, seco. Esto é unha auténtica vergoña.

Responsable da desfeita: Iberdrola.

   
Fotografía S. Lorenzo

Na fotografía o canón do río Avia,

visto dende o pobo de Albarellos (2002). Prácticamente seco

Ourense era un paraiso natural, inda é, pero menos. Na fotografía o canón do río Avia, visto dende o pobo de Albarellos, o río Avia nese lugar 03-01-2002 non leva apenas auga. Fenosa teno castigado dende fai máis de 20 anos. Un desastre, cun río sensacional. O canón ten varios kilómetros. Pero hoxe ten o encoro de Albarellos, que por certo incumple todo...

Fotografía do autor da www.

......  

Na fotografía o canón do río Avia,  ano 1950, un río con auga. 

Na fotografía o canón do río Avia, xusto onde fixeron o encoro de Albarellos, ou sexa, a fotografía de arriba (a fotografía de arriba é por debaixo).

Esta foto é de Fenosa. O lugar dende logo era sensacional.

......  
Fotografía S. Lorenzo.

Na fotografía o canón do río Viñao,  ano 2002, un río con auga. 

Ourense era un paraiso natural, inda é, pero menos.

Na fotografía o canón do río Viñao, visto dende o pobo de Sobredo, o río Viñao nese lugar 03-01-2002 levaba auga. Milagre, xa que estuvo seco moitos anos.  Fenosa tamén o ten castigado dende fai máis de 20 anos. Outro pequeno desastre, cun río sensacional. O canón vai dende Almuzara a Salón, onde desemboca este río no "regatiño do Avia". Incrible.

Fotografía do autor da www.

....  

CANÓN DO RÍO XARES XUSTO POR BAIXO DO ENCORO DE PRADA (ENDESA).

Efectivamente non leva prácticamente auga, xaneiro do 2002. De tódolos xeitos leva un fiiño dende 1998, denantes, dende o 1958 estuvo seco.

Realmente a estas compañías eléctricas: Fenosa, Iberdrola, Moncabril, Endesa habría que facerlles un monumento que falara de canta luz nos deron, a que precio nola deron e como explotaron e deixaron para o arrastre tantos e tantos lugares paradisíacos. Na miña opinión son imprescindibles, pero as cousas podían haberse feito moito mellor e de acordo coa lei e sin mirar tanto o bolsillo.

Responsable da desfeita: Moncabril, que xa non existe. Hoxe a dona do encoro e dese caudal ecolóxico da morte é a empresa Endesa.

   

CANÓN DO RÍO ARNOIA XUSTO POR CARTELLE E SANDE PRETO DE ARNOIA.

Canón fora de serie e únicamente explotado polas minicentrais que están a meter neste tramo có beneplácito do Concello de Arnoia, e por suposto da Xunta de Galicia.

É o canón máis conservado da provincia de Ourense, cun bosque incrible e un río, o río Arnoia, que inda é un gran río. O malo é que o están desfacendo. Debera ser Parque Natural de Galicia, pero non está nin protexido; os donos dese canón son as empresas hidroeléctricas, como Fenosa.

.......  

O canón dos Peares,

Tiña que existir, sin dúbida, denantes de facer o encoro dos Peares que se ve na fotografía, tiña que haber un canón impresionante. Río Miño, Peares (Ourense). Hoxe un encoro.

Foto de Fenosa.

O encoro incumple tódalas leis habidas e por haber dende o ano 1950. Por certo as leis estaban xa moi claras.

Responsable da desfeita: Fenosa.

   

CANÓN DO RÍO EUME parque natural de Galicia.

 

De vergoña, nin leva auga, nin cumple as normas mínimas e inda por riba está en pleno Parque Natural de Galicia. 6 KMS. de río sin auga. Fotografía do autor. Agosto do 2002.

Realmente unha vergoña.

Responsable ENDESA e a XUNTA DE GALICIA. Algúns dirán ou se preguntaran que ten que ver a Xunta de Galicia?; eu penso que é evidente a Xunta de Galicia é a primeira que ten que defender o noso territorio e os nosos ríos; o tirar balóns fora ou mirar para outro lado e cuestión de cartos...e así non vamos a ningures...

   

CANÓN DO RÍO MANDEO XUSTO EN CHELO.

 

Unha maravilla de canón pero con río como debe ser. Ten cinco kms. de río maravilloso, logo por riba unha minicentral que lle afecta demasiado.

O canón do Mandeo, hoxe en agosto do 2002 tamén está afectado por unha minicentral, pero inda ten vida.

 

Na fotografía, sacada do libro sensacional  "Paraxes naturais de Galicia: O Interior" de  Enrique Vélez Mª Carmen Pereiro, vese, xustamente dende  Cabeza de Meda, o sensacional canón do Sil, sin dúbida o máis bonito de Galicia.

Si queredes ve-la imaxen anterior a toda pantalla pulsar este link merece a pena...disfrutar...

De tódolos xeitos é interesante saber como se forman os canóns fluviais, tan comúns na Galicia interior, onde se presentan treitos fluviais encaixados no relevo. Os canóns partiron da penichaira, por onde discurrían os ríos galegos. Na era terciaria, o final, prodúcese un afundimento e a elevación de grandes bloques de codia. As zonas afundidas dan depresións e as outras montañas. Os ríos encaixan rápidamente nos bloques ascendentes e forman canóns.

O canón depende da zona, son formacións en V, como xa está explicado, pero según os materiais que atravase sexan brandos, como as lousas có cual salen canóns abertos lóxicamente ou rochas duras como o granito, cuarcita e caliza onde aparecen as paredes do canón escarpadas e a pico.

Outras veces os canóns fan meandros no río como no río Lor, está claro que a formación destes meandros é anterior o proceso que describo.

O canón mellor de Galicia é o do río Sil, logo hai outros sensacionais, como varios do río Miño, río Bibei, río Avia, río Mao, río Xares e outros fora da provincia de Ourense como no Verdugo, Lor , Ulla, Tambre, Xallas, Eume , Sor, Eo  e un longo etc. Galicia é única a pesar dos depredadores de canóns, que son as empresas hidroeléctricas.

Canón do sil.  Fotografía do autor da web.

Canón do sil. Incrible. ¡Hai que visitalo!. Fotografía do autor da www.

Tamén hai que facer a ruta en catamarán e logo visitar entre outros: o Mosterio de San Estebo, hoxe Parador Nacional (teñen unha cociña exquisita, podo certificalo...). Os Balcóns de Madrid, O mosteiro de Santa Cristina e, por que nón,  rematar cunha visita a Adega "A Ponte da Boga", menuda excursión, probablemente a máis completa do mundo mundial...

Canón do Sil no seu estado primitivo ano 1944

salir.jpg (922 bytes) Saír.