Alborexar

Momento no que abre o día, ou ben nace a luz do sol. É sinónimo de amañecer, amencer e clarexar.

Descoñezo o autor da fotografía.

O abrir o día, o alborexar,  sempre me gustou estar a beira do río disposto a coller as mellores troitas, e dende logo así foi sempre.

Trátase tamén dun momento especial.

Hoxe xa non madrugo, pero moitas veces teño estado o alborexar preto do río e lanzando xa a culleriña ou a miñoca. 

 
.......
A fotografía é personal.

O  alborexar xusto por riba de Celanova indo cara a Bande, un día de pesca.

En tempo, repito, xa estaba a carón do río, nada máis saír o sol.

Sempre foi un momento especial que tratei de aproveitar. É o nacer da vida na natureza...

salir.jpg (922 bytes) Saír.