VEIGA.

Chámase VEIGA a un terreo baixo, amplo e fértil polo que adoita discorrer un río, onde hai prados húmidos e terras de cultivo e no que varios veciños posúen parcelas. As veces varias aldeas repartían as terras da veiga. (Dicionario da Real Academia Galega).

Os prados húmidos, que hai nas veigas,  dan pasto para o ganado pero non sirven para herba. As veigas están sempre a carón dos ríos e sempre húmidos.

Tamén se fala de veiguiña, por exemplo no libro "Primavera no Lor" dice Eduardo Moreiras o autor: "...A sombra dos amieiros  acouga o meu vaguexar polas veiguiñas do río".

A Veiga de Calvos; rio Salas.

Neste río teño feitas grandes pescatas de peixes polos anos sesenta.

Hoxe esta veiga está asolagada polo encoro de Salas.

Fotografía de Mani Moretón.

   

Veiga en Baltar non moi lonxe de Randín. Observar na parte esquerda do río como a Veiga ten zonas de pasto verde e húmidas. Pero estos lugares non dan herba ou sexa non se poden segar como se sega un prado normal.

Unha veiga típica, neste caso a auga blanca e producto do xelo que se formou, o terreno notase que está asolagado por un encoro, pero o terreno é típico dunha veiga, con gran extensión a unha e outra beira de terreno cultivable, prados , etc.

O río é o Salas, a fotografía é de Carlos Vázquez.

Xuraría que se trata da Veiga de Calvos, en Randín, pero non estou seguro.

.........  

Esta veiga, non tan típica como a anterior tamén está asolagada polo encoro de Lindoso.

Trátase do río Limia, era a zona de Aceredo.

As veigas eran moi típicas na provincia de Ourense, e moitas delas están hoxe asolagadas por encoros: Veiga de Calvos, Veiga de Camba, e un longo etc.

Na fotografía o pobo Veiga de Camba. Hoxe esta paisaxe é o encoro das Portas. A zona estaba chea de veigas. Descoñezo o autor da sensacional fotografía.

salir.jpg (922 bytes) Saír.