Zona de costa onde desemboca un río e que queda cuberta pola preamar. Tamén se chama estuario.
En realidade os esteiros son formacións que aparecen na desembocadura dos ríos por acumulacións dos sedimentos que arrastraron ao longo do seu curso.
Os esteiros están considerados como as depuradoras naturais dos ríos. Efectivamente neles viven cantidade de organismos descompoñedores. O que pasa é que hoxe non dan abasto, coa porquería que baixa polos ríos.
Esteiro do río Miño. Sin dúbidas o máis famoso de Galicia. ...... Na fotografía o mismo esteiro da fotografía anterior pero vista dende moito máis lonxe. É doado ver que se trata do río Miño.
Esteiro do río Miñor na súa desembocadura na Ramallosa. Esteiro típico da desembocadura dun río pequeno no mar.
Efectivamente a vexetación é especial, os xuncos dos esteiros, por exemplo, teñen que estar especialmente adaptados para soportar as variacións de salinidade das augas e a inmersión producida primeiro polo río de augas doces e logo polos cambios do nivel das marés. Toda unha especialización.
Información e fotografía sacada do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta.