Chamábanse barcos, as embarcacións (refírome as utilizadas nos ríos de Galicia, sobre todo no río Miño) feitas dunha peza, escavados nos troncos de árbores, de onde lles vén o seu nome, e de menor tamaño cas barcas.
Podían transportar ata catro persoas con bultos de pouco volumen e peso. Normalmente eran barcos de pesca e utilizávanse en tódolos ríos galegos, especialmente no río Miño. Por suposto había moitos tipos e deles fala Eliseo Alonso no seu libro "Pescadores del río Miño": onde describe a fondo as chalanas ou carochos ( Portugal)
Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso , sacada do libro "Pescadores del río Miño".
........ Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso , sacada do libro "Pescadores del río Miño".
Barco de pesca nos Peares no río Miño.
A fotografía xa ten moitos anos e aparece no libro "As barcas e os barcos de paxase na provincia de Ourense no antiguo reximen" de Olga Gallego.
O fondo vese a garganta do río Miño, a dereita, non se vé, pero desemboca o río Sil.
Por suposto que o término de barco e barca é moito más amplio que o visto arriba, ver por exemplo o artigo "As embarcacións fluviais do legado patrimonial a novos usos en activación" de Xosé Manuel Vázquez Rodríguez, publicado no nº 2 da revista "Ardentía"; onde fala de que hai ata dez tipoloxías básicas de embarcacións nos ríos galegos, que superan a quincena si se consideran as variantes locais.
Xosé Manuel Vázquez non fala da distinción entre barcos e barcas, a súa clasificación vai máis polas formas e pola estructura, dice que non hai formas puras, única e fixas no tempo senón un constante dinamismo con aproximacións e variacións que caracterizan a persistencia de modelos do pasado...
Dende o barco de dornas, os batuxos, a barca do Sil, as gamelas, a barca de Chantada, a barca do Ullla, as lanchas , as batelas, os caíques, os carochos, o anguleiro ou barco do Miño, a barca do Landro, a barca da Lagoa de Antela, as barcas de pasaxe, as barcazas do Miño ata chegar as barcas de ocio e de lecer, todo un mundo.
Algúns exemplos:
A lancha de Ourense, unha barca especial que inda lembro no río Miño tanto na Ponte Vella como sobre todo para pasar o río e pescar pola zona de Reza.
A fotografía é de Xosé Manuel Vázquez e está publicada na revista Ardentía de Cambados (Pontevedra), no nº 2.
Esta a Barca da Lagoa de Antela.
A fotografía é de Xose Manuel Vázquez.
A dianteira é estreita e aguzada, motivada según dí Xose Manuel Vázquez pola facilidade para desprazarse entre os xuncos da Lagoa, do mesmo xeito que a dianteira obtusa do primeiro tramo do Miño facilita o remonte dos caneiros...
Esta é o batuxo, barca a que fai referencia a fotografía anterior de frente redondeado e axeitado para acceder os caneiros.
Batuxo no Porto de Santa Isabel.
Sobre o batuxos hai un traballo sensacional titulado "Facéndolle as beiras ó Miño" da Asociaciación Cultural Maria Castaña e publicado na revista Ardentía no número 2, revista que se edita en Cambados (Pontevedra".