Un cachón é unha pequena fervenza de auga, por regra xeral producida por represas construídas polo home, muíños, auga de rega, pequenas centrais eléctricas, etc.
Chámase tamén: cachoada, cachoeira, cadoiro, frieira, boullón, brollón e outros nomes.
O normal é que os chorros de auga caian desde pouca altura e rompan formando espuma.
Tamén se fala do ruído que fai a auga o caer no cachón, como brollón ou brolla. Ou sexa, o brollón como o ruído que fai a auga o caer dende certa altura.
Algúns cachóns marabillosos:
Cachón no Mao en Leboreiro, Ourense. Cachón marabilloso na Presa do Cura na Nogueira, por riba do refuxio de pescadores.
Por este cachón, cunha pequena enchenta, suben perfectamente as troitas. Os peixes xa o teñen máis dificil.
A presa chámase Presa do Cura.
Fotografía do autor da www.
Cachón no muiño de Allariz. Os nosos antepasados sabían compaxinar a natureza coas súas construcción que usaban a natureza. Hoxe non...rachamos coa natureza. Por esta represa suben perfectamente as troitas.
Fotografía do autor da www.
...... Cachón no río Arenteiro.
Este cachón está prácticamente no Parque do Carballiño e daba auga a unha piscifactoría de Icona, en tempos.
Fotografía do autor da www.
...... Cachón no río Arnoia en Ourense , na parte alta. Este cachón está producido por unha represa bastante alta que recolle a auga para un muíño.
Por esta represa suben perfectamente as troitas nas enchentas.
Galicia ten uns ríos marabillosos, pero non se cuidan o suficiente.
...... Cachón no río Tambre. Os cachóns, onde rompe a auga, son auténticos viveiros de troitas, sempre e cando estén cuidados.
Nos ríos galegos abondan os cachóns e son moi bonitos.

Cachón no río Ulla en Monterroso. 2010