Pequenas illas nos ríos , con ou sin vexetación. Algúns tamén lle chaman illotes, pero penso que non é correcto.
Normalmente chámase insua nos ríos e illa no mar. Inda que se da de todo. Aparece tamén o nome de insula e asuiña.
Insua na desembocadura do pai dos ríos galegos:o río Miño, entre Camiña e A Guardia.
A ínsua vese perfectamente no medio do río, neste caso ten vexetación.
Son famosas as ínsuas do Ulla, por exemplo, tamén algunhas do Avia e por suposto do Miño.
De tódolos xeitos as ínsuas do río Ulla en Gres son únicas e merecen unha reportaxe aparte.
Fai pouco, xuño do 2005 faláronme dunha ínsua marabillosa no río Arnego na Agolada. É certo, sensacional, pero está ameazada por unha minicentral.
Parece que non se vai facer.
........ Insua de Preboubo, no encoro de Prada, xusto na cabeceira. Por detrás desta ínsua está no fondo do encoro un pobo sensacional Alberguería que quedou asolagado totalmente en 1958.Os veciños que viven teñen unha páxina www, da que son webmaster, os que lles boto unha man para revivir o seu pobo. Estou tremendamente orgulloso desa páxina. Dáme moitas satisfacións.
...... Esta carballeira que se ve na fotografía (do autor da www) está situada no interior dunha ínsua preciosa situada no río Ulla, concretamente trátase da carballeira de Gres en Vila de cruces.Realmente fermosas as insuas que o río Ulla ten nese pobo.
..... Esta imaxen está sacada en xuño do 2005 na ínsua que existe na Agolada moi preto da Ponte dos Cabalos.
Desta ínsua faloume un amigo Manuel Busto Galego. Efectivamente é unha auténtica marabilla de 200x70 metros, bordeada polo río Arnego.
Para mín un auténtico xardín botánico.
Por certo falan de que quedará destruida por unha minicentral (hoxe no 2007 parece que non se fará).
País...
Insua pequena no Xares.
Nesta fotografía vese unha insua moi pequena no río Xares na Veiga ( Ourense).
Neste caso a ínsua tamén ten vexetación.