Chámanse xougas, en xeral, as herbas verdes dos ríos e que están no canle do mismo. Tamén se chaman labazas, entendo por estas as algas e limos do río. Noutros lugares chámanlle oucas.
Xougas no río Támega en Verín ( Ourense).
Eu, tamén en xeral, chámolle a estas herbas , sempre que estén no canle do río como están na fotografía: labazas.
En Portugal, os pescos da raia chámanlle : ougas.
A fotografía é do autor da www.
...... As labazas son plantas que están en tódolos ríos galegos, deixanse ver moitísimas no río Miño.
Na fotografía vese o Ceratophyllum demersum moi común no río MIño, trátase dunha planta sumerxida.
Miguel Delibes no seu libro "Mis amigas las truchas" fala da ova, da berrera e da verdina, efectivamente en castelán así se chaman estas herbas que en moitos ríos impiden pescar a culleriña.