Unha fervenza é unha caída de auga dende certa altura provocada polo desnivel existente no canle dun río.

    Chámase tamén:  ruxidoira, cenza, censa, freixa, cadoiro, caeira, abanqueiro, chorreira, chorredeira, fecha, pincheira, férveda,   cascata, cachoeira, borbotao, ficheira, fírveda, salto,  seimeira, breixa, cascada (castelanismo) , catarata,  e outros nomes.

As palabras dependen moito da zona así por Ourense e preto da cidade fálase de fervenza, pero no oriente da provincia  pola zona de Vilariño de Conso falamos de Cenza e pola contra na zona do Xurés chámanse  fechas. En Fonsagrada (Lugo) son seimeiras. Máis variedade imposible...

Hai incluso autores que distinguen os distintos niveis, así a catarata ou salto de auga é a cenza ou censa. Onde cae, ou sexa a zona inferior,  onde se produce a espuma e as partículas de auga levántanse en forma de neboa chámanlle a fervenza. Mentras que onde se sumerxe a cascada chámanlle mergulleira.

Tamén hai palabras para referirse o ruído, brullón, a espuma que fai, gallaróns,  e tamén os pequenos ollos de auga que se ven a continuación, gurgullóns. O galego ten palabras para todo pero estanse a perder, unha mágoa...

Na fotografía vense estas partes:

Algunhas das fervenzas mais fermosas de Galicia son as que siguen:

Fotografía S.L.F. Fervenza do Barbantiño en Ourense, sobre 20 metros.

(No inverno. Fotografía do autor da web). Espectacular.

Hoxe afectada por una minicentral que nunca se debeu facer.

A fotografía está feita antes de porse a traballar a minicentral.

Hoxe, nun ano normal, a fervenza non trae esta auga.

Sobre esta fervenza hai un texto marabilloso de Víctor Campio nesta páxina web. no apartado de "Os ríos son prosas".

......
Fotografía Ourense Natural. Jose A. López. Fervenza do Barbantiño en Ourense, sobre 20 metros.

 

(No verán). Espectacular.

Hoxe afectada por una minicentral que nunca se debeu facer.

A fotografía está feita antes de porse a traballar a minicentral, e no estiaxe do río.

Hoxe nun ano normal trae menos auga que a da fotografía.

 

......
Fervenza do Toxa. Desconozco el autor. Fervenza do río Toxa en Bandeira. O río Toxa é un afluente do río Deza.

 

(Auga de verán)

Sin dúbida a maior fervenza de Galicia de caída directa.

Hoxe tamén afectada por outra minicentral, xusto a 1 km. da caída. ( Non se entende) .

Aféctalle moito nun ano normal.

......
Fotografía de Secundino Lorenzo. Autor da www. Fervenza do río Toxa en Bandeira. O río Toxa é un afluente do río Deza.

(Auga de xaneiro do 2001. Fora de serie. Fotografía do autor da web)

Sin dúbida a maior fervenza de Galicia de caída directa.

A fotografía está sacada a noitiña nun día de xaneiro do 2001. Realmente metía medo.

É do que escribe...foi o ano das crecidas grandes nos ríos.

 

......
Fervenza do Xallas od domingos. Descoñezo o autor da fotografía.

Fervenza do Xallas en Ézaro. Unha fervenza que estaba seca ata xulio do 2000 por culpa dunha central que non deixa o caudal ecolóxico.

Hoxe en Agosto do 2000 pode verse de 12 a 13:30 os domingos.

¡¡ Pais bananero!!.

Inda lle temos seguramente que dar as gracias o dono da central eléctrica, por deixar un caudal, que por lei debe facelo sempre.

O río Xallas é seguramente o único río importante do mundo, que desemboca no mar nunha fervenza, pero soio os domingos...

......

Fervenza do Xallas en Ézaro.

 

 

Unha fervenza espectacular.

A fotografía ten polo menos 50 anos.

¡¡¡¡ O río Xallas era libre !!!

......
Insisto na Fervenza de Ézaro, no río Xallas en Dumbría.

 

A fotografía espectacular e máis ampliada, realmente aquí figura a mitade,  aparece no libro "Fervenzas da Coruña" cun texto que reclama "Libertade para a Fervenza do Ézaro!. Unha libertade que reclama o autor do libro  Ramón Muñiz de las Cuevas, e que quero tamén reclamar dende esta páxina www.

Realmente non hai dereito o que está pasando coa fervenza máis espectacular de Galicia.

   
Fervenza do Cenza (1),

 

Sin dudalo, a maior de caída non directa, de Galicia. Está situada en Vilariño de Conso ( Ourense) , e tamén está afectada por un encoro que nunca se debeu facer, situado no val glaciar do Cenza.

Espectacular e probablemente a maior de Galicia.

A fotografía está feita o día "da chea", abriron o encoro e ¿ ahí vai eso...!. 

......
Fervenza do Cenza (2),

 

Vista xeral da Fervenza do Cenza coa canteira na parte de arriba e có río en condicións normais.

Sin dudalo, a maior de caída non directa, de Galicia. Está situada, como xa está dito anteriormente,  en Vilariño de Conso ( Ourense).

A fotografía viña no libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta. Deles será a fotografía. Moitas gracias.

 

   

Fervenza do Cenza (3),

Sin dudalo, a maior de caída non directa, de Galicia. Está situada, como xa está dito anteriormente,  en Vilariño de Conso ( Ourense).

A fotografía é de Carlos G. Hervella, e deixa ver un mirador que se fixo últimamente.

 

   
   
Fotografía do autor da WWW. S.L.F. Pozas de Melón no río Cerves en Ourense.

As pozas de Melón presentan unhas fervenzas marabillosas.

Hoxe o río Cerves está sentenciado a morte por varias minicentrais.

Nesta poza xa apereceu un cheiro malo en xaneiro do 2.000.

¡¡ Mal asunto !!.

¡¡¡ Os galegos non sabemos o que temos en Galicia !!!.

Fotografía do autor da web.

 

Ramón Leiro. Fervenza de Férveda:

 

Esta fervenza de Férveda está situada en Escuadro, Silleda, un paraiso decoñecido de Galicia o que se chega, o parecer, desafiando á maleza que oculta as vistas.

Descoñezo esta fermosa fervenza.

Dende logo en Galicia non sabemos o que temos.

A fotografía é de Ramón Leiro é está sacada da Voz de Galicia  do día 15-03-2001.

Fotografía sacada do sensacional libro "Guia das Fervenzas da Coruña" de  Ramón Muñiz. Fervenza de Sampaio.

 

A fervenza de Sampaio está situada no río Taboada, a dez kilómetros de Carballo, na Provincia da Coruña.

Non coñezo esta fervenza, pero a decir de Ramón Muñiz de las Cuevas, no seu fermoso libro "Guia das Fervenzas da Coruña" é unha fervenza que ten a calificación de excelente e chégase a ela de forma sinxela.

A verdade Galicia é fora de serie... e hai que cuidala, coste o que coste.

Seimeira de Vilagocende.

O 29/01/2007 envíame Lola Niño, dende Fonsagrada,  unha referencia a "Seimeira de Vilagocende" que dí que pasa de 100 metros.

Dende logo é marabillosa según se ve na sensacional fotografía de Miguel Angel Quintás Veiga, que atopei na rede.

Trátase polo que vexo efectivamente dunha gran fervenza de caida directa, probablemente das maiores de Galicia. Seica está no río Porteliña  un regato que vai o río Lamas e logo o río Navia en Fonsagrada.

Galicia marabillosa.

Gracias a Lola e por suposto a Miguel Angel, pola fotografía.

Nota: sobre esta seimeira envíame Xosé Valcárcel unhas fotografías tamén marabillosas. Velas neste link.

Fervenza da ruta do contrabando en Vilardevós (ourense).

 

Esta fervenza está na "ruta do contrabando" que pasa por paraxes incribles entre Sigerei (Portugal)  e Vilardevós (Ourense), na raia con Portugal.

A fervenza pode verse dende un mirador que hai enfrente, onde tamén se ve unha paisaxe impresionante,  ou ben baixar a pe da fervenza, que tamén se ve na imaxen abaixo na parte esquerda unha ponte para divisala.

A carón desta fervenza hai tamén uns muíños moi interesantes e a ruta "do contrabando" perfectamente indicada.

Máis fervenzas de Galicia neste link

Actualmente a fervenza de Ézaro, agosto de 2012, ten o caudal ecolóxico todo o ano; foi un pleito que se lle ganou a empresa Ferroatlántica que soio deixaba o caudal os domingos dende o 2002. Así pode verse hoxe. Algo é algo...

Fervenza do Toxa en xaneiro do 2016. A fotografía está sacada da Voz de Galicia, edicción dixital e firmada por Miguel Souto. Realmente espectacular e moi parecida a que saquei eu no ano 2001. Sacada dende abaixo mete un pouco de medo...

Esta é a famosa fervenza de Piago, así a chaman, no río Miño en Outeiro de Rei. Chámase de Piago xa que por riba está un piago ou sexa un pozo moi profundo, polo menos 4 metros que é o que ten de alto a presa. Por certo ten 50 m. de ancho. Unha marabilla a zona. Na parte esquerda da fotografía ten escadas para subir as troitas.

A fotografía está sacada da web de Masmar, a que dou as gracias.

Decir que para mín é un cachón, máis cunha fervenza, por certo dos máis grandes de Galicia en canto a anchura e altura o mismo tempo.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.