Remanso

     Remanso é contrario de rápido. Son lugares do río onde o desnivel é mínimo e as augas dan a sensación de que están paradas. Tamén, pode decirse, que son partes dun río, preto da marxe, onde a auga se detén ou mesmo recúa.  Normalmente por riba das presas sempre hai pequenos remansos.

Tamén se chaman reseos, relanzos, vaira,  remanses, choco, restaño, etc.

REMANSO NO RÍO ARNOIA en Allariz.

Por riba da presa do muiño hai un remanso e por baixo uns rápidos.

O remanso é sinónimo de vaira, inda que en términos de pesca pode distinguirse perfectamente entre vaira, que é o que aparece na fotografía e remanso, onde o río as veces recúa.

Nas vairas sempre hai troita grande o que pasa é que non son fáciles de pescar...

..

REMANSO NO RÍO ARNOIA en Celanova.

Un remanso marabilloso no río Arnoia por debaixo de Pontegrande en Celanova. Pola parte de arriba hai unha vaira moi boa.

A fotografía é de José Manuel Delgado.

   

REMANSO NO RÍO VIÑAO en Boborás.

Remanso no río Viñao, en Boborás, efectivamente a fotografía non deixa lugar a dúbidas...

Por certo o fotografo é o que escribe.

salir.jpg (922 bytes) Saír.