Rápidos

 

        Os rápidos son tramos do río con certo desnivel e polo tanto por onde a auga transcurre con máis velocidade.

       Tamén se chaman rabións ou ruxidas. A palabra tiro é similar, pero cando se dí que o río leva "moito tiro"  faise referencia a que o río leva moita corriente, que pode ou non coincidir cós rápidos ou rabións normais. De tódolos xeitos o lector, pode interpretar, rápidos, rabións e tiro como sinónimos.

Foto SLF. autor www. RÁPIDOS NO RÍO MIÑO EN FRIEIRA.

Esta fotografía está sacada polo autor da páxina www preto de Arbo, por riba da ponte que cruza a Portugal.

Nese tramo o río Miño é un auténtico río. Ademáis os rabións ou rápidos son de verdade.

.....
Foto Ourense Natural libro. RÁPIDOS NO RÍO MAO EN OURENSE.

 

Esta fotografía é do río Mao preto da súa desembocadura no río Sil. A fotografía está sacada do libro Ourense Natural, autor Xose Antonio López.

Esta ponte xa non existe, hai unha nova. Unha enchenta do río Mao levouna por diante.

.....
Foto libro Ríos Caurel. RÁPIDOS NO RÍO SOLDÓN NO CAUREL.

 

O autor da fotografía é Miguel López Caeiro.

Aquí, dende logo, o río leva moito tiro, sin lugar a dúbidas. É unha zona de rápidos ou rabións. Todo é decir o mismo.

 

...........
Fotografía Felix Valeiras. RÁPIDOS NO RÍO MIÑO EN OURENSE.

A fotografía é de Felix Valeiras, un colega. Está sacada en Ourense é mostra uns rápidos que hai na praia da Concha, xunto os Caños en Ourense.

.....  

A fotografía está sacada dun libriño  de José María Castroviejo, nun articuliño que comenza cunha frase de Juan Valdés:  "Los ríos y los habitantes del elemento líquido fueron hechos para que los contemplen los sabios y pasaran sin conocerlos los necios".

 

O río nesta fotografía, leva moito tiro.

salir.jpg (922 bytes) Saír.