RETORTA.

A retorta dun río son as curvas (meandros) que da o río.

Tamén se chaman meandros, revoltas, reviraboltas, cóbados, recovo, recoveiros, recovio.

Retorta incríble do río Miño preto de Arbo. 

Vista dende a ponte que cruza a Portugal, en Arbo (Pontevedra). 

Un lugar impresionante é único, onde inda podemos ver un río : o río Miño.

Foto do autor da www.

 

.................
Retorta incríble do río Miño.

Esta fotografía non é miña, aparece nun libriño de José Mª Castroviejo sobre a caza e a pesca. 

Mostra o pai Miño e vense perfectamente os meandros ou reviravoltas que ten este río.

Os rápidos que se ven están formados polas pesqueiras que hai no río.

...........  
Retortas no río Lor no Caurel.

 

 

O río Lor é un dos mellores ríos e mellor conservados ríos de Galicia.

Unha auténtica maravilla, inda no ano 2001.

 

...........
Reviravoltas no río Navea en Chandrexa Ourense.

 

A fotografía é do autor da www e mostra unhas reviravoltas ou retortas nun río sensacional. 

Os ríos en Galicia cada vez están peor e cando se atopa un río nestas condicións os calificativos quédanse cortos.

.....  
Meandros nos ríos Xares e no río Corzos.

Os meandros vense perfectamente nestes dous ríos, fotografía do autor da www, xaneiro do 2002, o encoro de Prada baixo mínimos. Neste caso é a cola do encoro e vese a esquerda o río Xares cós seus meandros e a dereita o río Corzos, o lugar é a Veiga en Ourense. Entre ambos vese como deixa un encoro o terreno....podre. Neste lugar non viven nin a rás.

salir.jpg (922 bytes) Saír.