Raseira

 

Eu chámolle raseira a un tramo do río de pouca profundidade e cunha certa corrente. En realidade son tramos dos ríos nos que hai pouca pendiente e o río corre mais extendido e plano.

Tamén lle chamo tablada, tabla, auga delgada, táboa.

Por certo o contrario de auga delgada son as augas gordas que neste caso son os pozos dos ríos.

Raseira no río Navea en Ourense.

Realmente na fotografía hai tamén rápidos, pero na zona de arriba hai  algunha raseira.

Raseira  no río Limia en Ourense. Esta para mín é mais raseira que a fotografía anterior.

As condicións son as impostas ó principio, unha cuarta de auga, unha lixeira corriente. Para mín é un dos lugares mellor para pescar troitas en determinadas épocas do ano.

A principio de tempoada son as mellores zonas para pescar a troita.

 

 

Esta é outra raseira ou tabla ou tablada típica.

Nesta zona sempre hai troita pero a maioría das veces trátase de troita pequena, ou sexa os alevíns.

salir.jpg (922 bytes) Saír.