O leito dun río é por onde discurre o río, dito doutro xeito o seu cauce.
Tamén se chama canle, álveo, quenlle e quenlla. Realmente é por onde circula a auga do río.
LEITO DUN RÍO.
O leito deste río está perfectamente conservado.
Río Outeiro en Ribadavia.
Seguramente cambie si o final fan a minicentral que está prevista.
.. LEITO DUN RÍO.
O leito deste río está roubado por unha central eléctrica. Os responsables son Ferroatlántica. O encoro de Santa uxía en Ezaro-Dumbría é o responsable deste leito.
A un kilómetros augas abaixo está a famosa Fervenza do Xallas, o que Fraga chama "A Niágara galega". Esta fervenza funciona os domingos as 12:30 horas.
Vivir para ver.
..
LEITO DUN RÍO.
O leito deste río quedou prácticamente seco o día 11-11-1998 que foi cando saquei a fotografía. Trátase do río Barbantiño, e a minicentral situada por riba, da empresa Engasa, Energía de Galicia S.A. estaba a facer probas.
Menudas probas...
Barbaridades destas fanse todos os días en Galicia.
¡Si os ríos falaran!.
Quenlle dun río.
Un poema de Luis Amado Carballo dí: Deixando a fonte a chorar - fuxe o río pol-o quenlle - con pasadas de cristal. O dicionario Galego di Quenlla, sinónimo de canle.
Esta palabra foi enviada por Gonzalo Sancho de Vaipolorío o que lle dou as gracias.
Na fotografía vese o río Barbantiño polo seu quenlle; a carón deste muíños de Mandrás.