FONTE.

Unha fonte é un manancial de auga que xorde da terra, tamén se chama fontela, fontana,  fontiña, fontal, fontán e moitos máis nomes. Seica hai 1.300 topónimos de fonte.

En realidade o que interesa a esta páxina sobre os ríos galegos é o nacente da fonte, o manancial, que por certo xa tiña un link neste diccionario,  que logo pode ou non dar lugar a unha fonte, entendida como construcción feita para darlle saída a auga, un  rego, regato ou río.

 O nacente,  tamén se chama entre outros illó, illón, gorgullón, e abrollo.

 

Na fotografía está a famosa "Fonte do Santo", fotografía sacada polo autor da web na serra de San Mamede, en Ourense.

Esta fonte é famosa na zona e surte de auga, entre outras na zona,  o río Arnoia, no alto Arnoia. Esta fonte,  simplemente sae dun penedo, e o que se chama unha fonte de mergullo.

É a tipica fonte de mergullo. Son fontes onde si se quere coller a auga hai mergullar ou asolagar a ola, o vaso ou o que sexa...

   

Na fotografía de Camarro vese o nacente dun pequeno regato en Castro Leboreiro; chámase fonte da vaca; esta tamén é de mergullo. Trátase do típico manancial.

   
O pai dos ríos galegos é o río Miño.

O río Miño nace precisamente neste pedregal que se chama Pedregal de Irimia.

Este é o manancial que logo da orixen  ou é fonte nada menos que do río galego mais grande. É o nacente.

 

As fontes dan lugar a moitísimas palabras xa que dependen do que estemos a falar, así si falamos de nacer temos as palabras  brotar, manar, gurgullar, etc.;  si falamos de manar da auga temos tamén mina, pinguela, pinguelo e un longo etc. ;  polo caudal, falamos de  boullón,  sumideiro,  gurgullón, bica, etc.  Logo polos tipos de fonte, falamos de fontes de cano e de mergullo.

Soio aclarar que unha fonte de mergullo, son a maioría no monte galego e por exemplo:

A "Fonte do santo". A agua brota simplemente da terra ou do penedo...

Unha fonte de cano,  que son moitas das construcións que existen cando se fala dunha fonte,  son por exemplo de cano :                      

As Burgas en Ourense.

Non é este o lugar, penso eu, de describir os distintos tipos de fontes, a importancia vital das mismas e o que levaban parexo unha fonte nun pobo, como é o sumideiro para o gando e o lavadoiro, aparte por suposto da auga para beber. O que esté interesado pode consultar por exemplo o libro " A auga na natureza"  de  Elixio Rivas Quintas; que é un dos libros que eu utilizo.

Como curiosidade decir que evidentemente as fontes dun pobo teñen nome, según o lugar ou o tipo de fonte.

Por poñer un exemplo, lembro os nomes das fontes dun pobo que xa non existe, Alberguería en A Veiga (Ourense) e que quedou debaixo do encoro de Prada, a súa historia ten este link do que son eu precisamente webmaster. Pois ben Alberguería tiña as seguintes fontes:

 

Alberguería en A Veiga (Ourense) era un pobo, hoxe está debaixo do encoro de Prada,  que tiña moitas fontes:

  Dentro  do pobo:

1) Prado do liño (no cima do pobo), 2) Da Zorra (debaixo da casa do Sr. Julio), 3) Do Xardín (onde a casa do Pedro do cura), 4) Do Licor (onde a  Cruz), 5) Das Abelairas (debaixo da cortiña), 6) Do Cagallón (pasando a casa da Sra. Remedios).

Fora do pobo:

1) Dos Pitos, 2) De Covas, 3) Das Corgas, 4) A Grande, 5) Das Fornas, 6) O Coballón, 7) A Ladeira, 8) As Fontiñas, 9) O Prado Veso, 10) De Cancelos, 11) A Veiga, 12 O Pereiro, 13) O Rebolal, 14) As Cubas, 15) De Veado, 16) Do Domingón.  Entre outras...

salir.jpg (922 bytes) Saír.