Gusarapa

A gusarapa é outro insecto típico dos ríos galegos que vive na súa primeira etapa debaixo dos coios dos ríos non contaminados. De adultos dan lugar as moscas das pedras.

Hai miles de insectos no leito do río e por debaixo das pedras. Estos insectos marcan, sin lugar a dúbidas a vida dun río xa que sirven como alimento, entre outros peixes, para as troitas.

A gusarapa,  e sobra que o diga,  para os pescadores é moi espectacular e dende logo un dos mellores cebos para troita. É máis pequena que o besbello.

Científicamente trátase dun  plecóptero que  cando é adulto da lugar a unha mosca das pedras, perla ou outra. Hai varios tipos. (Ver este link desta misma web).

Na fotografía vese unha gusarapa.

Observar que é un insecto, seis patas, vive debaixo das pedras dos ríos e regatos e ten dous apéndices na cola, bastante longos.

É máis pequena que o besbello é os apéndices son distintos.

   

Aquí vese unha gusarapa imitada sensacionalmente. Estas imitaciós están feitas por expertos que logo utilizan para a pesca da troita.

A verdade é que esta imitación é perfecta.

   

A gusarapa, ver a esquerda,  é máis pequena e ten dous apéndices moi distintos o dos besbello.

Nesta fotografía de Robert Thompson vense os tres apéndices perfectamente do besbello que distingue perfectamente a eeste da gusarapa.

A gusarapa é máis pequena e ten dous apéndices. Neste caso está pegada a pedra e xa saiu a mosca, ver o corte no abdomen. A fotografía é do autor da web.

En León chaman gusarapín a este insecto que tamén está debaixo das pedras, é máis pequeno que a gusarapa, trátase dun efemeróptera e da lugar as moscas típicas (efémeras neste caso).

salir.jpg (922 bytes) Saír.