Besbello

 

O besbello é un insecto típico dos ríos galegos que vive na súa primeira etapa debaixo dos coios dos ríos non contaminados. De adultos dan lugar as libeliñas.

Hai miles de insectos no leito do río e por debaixo das pedras. Estos insectos marcan, sin lugar a dúbidas a vida dun río xa que sirven como alimento, entre outros peixes, para as troitas.

O  besbello,   sobra que o diga para os pescadores, é moi espectacular e dende logo un dos mellores cebos para troita.

Científicamente trátase dun  odonato-anisóptero que cando é adulto da lugar a unha libeliña.

 

O besbello é doado de identificar, basta levantar algunhas das pedras do río para ver os seus movementos e como escapan para debaixo de outra pedra.

Son bastante grandes entre dous e tres cms. Tiran a negro e teñen tres apéndices.

A súa existencia nun río é o principal indicador de que o río está san.

   

Os besbellos son larvas grandes que viven debaixo das pedras dos ríos galegos non contaminados.

Oberservar os apéndices.

A gusarapa é distinta xa que ten dous apéndices que por certo pican bastante.

   

A gusarapa, ver a esquerda,  é máis pequena e ten dous apéndices moi distintos o dos besbello.

   

 

Nestas fotografías móstrase na da esquerda o estadio final do besbello que se convirte nunha libeliña. A fotografía da dereita mostra o besbelllo típico.

Nesta fotografía de Robert Thompson vense os tres apéndices perfectamente.

Algunhas fotografías sacadas de internet:

Nesta fotografía que firma Oscar Hernández Moure vese un besbello do que está a sair unha volvoreta. A fotografía é espectacular e según Oscar está sacada no río Miño en Hombreiro.

Nesta fotografía que firma Bichoman (David Corral) vese un besbello. Observar os apéndices.

salir.jpg (922 bytes) Saír.