En Galicia chámase bechoco a todo bicho pequeno que se utiliza para a pesca. En realidade a toda larva, verme ou insecto que se utiliza como engano para pescar. De feito tamén se utilizan os nomes de bicho, becho, bichoco, besbello (mal usado). En castelán gusarapa.
En realidade trátase dunha larva dun efemeróptero, un insecto que vive nos nosos ríos, en principio debaixo das pedras e que logo se convirte en voador (mosca de maio o mosca das pedras), tamén un bon engano para a pesca.
Aquí está o típico bechoco que viven a miles nos ríos galegos sempre que estén sanos ou sexa non contaminados.
En realidade trátase dun insecto que vive adaptado as correntes perfectamente e que se alimenta doutros bichiños dos ríos.
Son un manxar exquisito para as troitas.
Hai varios tipos.
.. Outra larva de efemeróptero parecida a anterior, hai varios tipos, a esta en León chámanlle gusarapín. En Galicia chámase bechoco ou gusarapa como xa está dito, inda que sexa distinta a anterior.
Chámanse moscas das pedras xa que a ninfa sae do leito do río trepando polas pedras e logo abandona a súa coraza e se converte en mosca. Nos ríos vense estas corazas pegadas as pedras son incribles. na fotografía vense dúas destos bechocos que abandonaron o río e a súa coraza. Observar como teñen o lombo roto...
Esta é a típica mosca de maio ou mosca das pedras as que da lugar o bechoco na última etapa da súa vida.
Inda que pareza incrible a transformación.
En realidade trátase dun efemerótero.