Casullo

O casullo, casulo, ou caroceiro  é un insecto que vive no fondo do río, atópase, si o río está limpo e non hai minicentrais que deixen sin auga o río, en tódolos regatos de Galicia, sempre que a auga esté limpa.

Este insecto fabrica o seu casulo (estoxo) con materiais diversos, como pedriñas ou pauciños, teñen unha glándula que producen seda e así viven. De adultos convírtense en voadores. É incríble. Haino por exemplo a miles no Navea en Chandrexa e no Salas en Randín ( Ourense) . O gusaniño que teñen dentro é un cebo especial para os peixes.

Científicamente trátase dun  tricóptero. Hai moitos tipos pero este é o máis normal non nosos ríos.

Os casullos viven pegados as rochas do fondo do río e aliméntanse de planton do río.

Na fotografía vense unha ducia deles pegados a esa pedra.

Son insectos que viven nos ríos.

   

 

Este é o aspecto que ten, dentro desta capsuliña feita con pedriñas e pauciños vive o casullo, realmente o seu nome dáselle pola forma de abrigo que se rodea, casulo, casullo. En algúns lugares chámase estoxo e tamén caroceiro (Grixó, baixo Arnoia).

.......
 

Dentro está o insecto, nesta fotografía vese como quere saír do casulo.

..

Por extensión a este bicho, insecto, chamámoslle os pescadores casullo e dende logo é un cebo especial para os peixes e as troitas.

Trátase dun insecto que mide sobre un centímetro e medio.

En realidade é un tricóptero.

......
 

Na fotografía vese un tricóptero típico que é, inda que pareza incrible no que se convirte o insecto anterior o que eu chamo casullo cando é adulto. Ese é o seu ciclo.

Este caso tamén é pescador e si non que llo digan os pescadores de pluma, tanto con cola de rata, con boia ou simplemente o tralleo. Un tricóptero fai estragos nas troitas.

salir.jpg (922 bytes) Saír.