O beirón é, en algún lugares de Galicia, o toco, por decir así, onde dorme ou se esconde a troita cando se asusta.
Moitos pescadores a man (está prohibido) o entrar no río miran onde se esconde a troita , logo é doado collela sempre e cando no se lle teña medo ás cóbregas. É o que se chama "pesca o toco" outra palabra relativa os ríos.
O beirón é polo tanto onde se esconde a troita e non hai que confundilo coa postura en sí.
Por exemplo na fotografía a troita está en postura ( lugar para comer e cazar), non está no beirón, que sería onde se metería si se asusta.
No dibuxo vense varias troitas nun río. a primeira, a que está metida na roca, está no seu beirón, as de máis abaixo están en postura.
No beirón dicen que a troita deixase acariciar e mesmo coller. Estou seguro xa que o vín facer.
A min nunca me gustou este tipo de pesca "a man", chámase "pesca o toco", aparte de ilegal, da moitas sorpresas. Un tipo de pesca moi practicado en tempos, realmente non había outro aparte da rede.