REMUIÑO.

Son correntes especiais do río, en sentido circular, e xeralmente chupando hacía ao fondo do río, prodúcense ao chocar a corrente con rochas de forma especial. Estas espirales son peligrosas para os que van nadando polo río.

O remuiño tamén se chama sorbedoiro, remoniño, remonín, revolvedoiro, tragadoiro, rodopío, ola, relanzo, cadozo, reducio,  brufa, polvoriño,  moer a auga, etc.

 

 

 

Río Barbantiño. Remuiño.

Un claro exemplo de remuiño nas augas dun río.

Eu son o fotógrafo e certifico que ese remuiño estaba diante.

 Son correntes en forma circular que cando son moi fortes resultan peligrosas. No río Miño hai moitos remuiños dos que non é doado saír.

Sempre había unhos cantos no río Miño na zona dos Caños en Ourense.

Fotografía do autor da www.

 

 

 

 

Na fotografía vese un remuiño no río Barbaña en Ourense.

Normalmente son máis grandes.

 

 

 

 

O remuiño é doado de entender como se producen. Pensar na auga pasando por riba desta poza (poteira), por certo, formada polo movemento da auga dentro en colaboración sempre con unha pedra que xira, ver a palabra poteira ou marmita.

O que produce é unha corrente circular de abaixo arriba e o revés.

Pode, repito, ser sumamente peligroso, hai que ter moita calma para sair dun remuiño. Cantos afogados no río Miño por mor dos remuíños...

Fotografía do autor da www.

 

 

 

Os remuiños nos ríos son tremendamente peligrosos.

Este concretamente sería peligrosísimo xa que estaba producido por un cachón que realmente chupa a auga por un canal.

salir.jpg (922 bytes) Saír.