A conxelación da auga das pozas ou das beiras da superficie dun río chámase carambelo, tamén carambo, caramelo, caramela, carambuxo e outras palabras. En castelán dise carámbano.
A capa de xeo da superficie do río ou líquido o conxelarse tamén se chama caramelo, carambo, calistro, etc.
Por suposto tamén se chaman carambelos os anacos de xeo longo e aguzado que aparecen nas pendentes de moitos lugares cando baixan moitísimo as temperaturas.
Carambelos que se formaron nuns buños ou carrizos na beira do río Mao en Vilariño Frío.
Estos anacos de xeo tamén se forman en lugares de pendente, cando as temperaturas baixan moito. Chámanse tamén candea e candeón, sobre todo cando pinga.
...... Río Mao na Nogueira. Carambelos na base dos carrizos secos.
Ó fondo a ponte torcida e rota polo paso dun camión moi pesado. Hoxe xa está arranxada.
Estas fotografías son do ano 2003.
..... Carambelos espectaculares no mismo río Mao o pé da Presa do Cura.
Ano 2003.

A fotografía anterior ampliada. Merece a pena ver estos carambelos