BEIRA.

A beira do río é o que está inmediatamente xunto o río sin ser río. 

Hai moitos tipos de beiras según os ríos, por exemplo no río Miño en Arbo as beiras son de collo ou cantos rodados.

Tamén se fala de ribeira, orela, beira, beiral, marxe, etc.

Si o terreno que está a beira do río é moi pendente, case vertical, chámase ribada, tamén terraplén, ribado ou ribazo.

Río Xares en Ourense.

A beira esquerda do río está formada por herbas verdes, xuncos, espadañas, etc.

 

......
Río Miño en Selas.

As beiras son de coio, típico deste río.

......

Río Navea en Ourense, as beiras son prados e tamén o típico bosque de ribeira formado, neste caso por bidueiros e salgueiros.

......

Neste caso a beira é do río Miño en Ourense, xusto por debaixo dos caños e moi preto da Peña de Francia.

Unha beira preciosa chea de flores neste caso azuis. Son cardos.

Os paseos pola beira do río Miño en Ourense son marabillosos.

A pena é que o río Miño non está saneado.

Río Navea en Ourense, as beiras son prados e tamén o típico bosque de ribeira formado, neste caso por bidueiros e salgueiros. Hai tamén moito capudre e acivro.

   
Ribada no río Viñao en Ourense.

A ribada é distinta nesta fotografía do río Viñao tanto unha beira como outra son ribada, ou sexa,  terreo moi pendente, case que vertical a beira dun río.

salir.jpg (922 bytes) Saír.